Táboa de contidos
Obrigatorio.
Recomendado
Prohibido.
Non recomendado.
Coidado!
Admin users
Regular users
Editors
Ao crear unha guía, o contido organízase en páxinas. Cada páxina pode conter unha ou máis caixas, que son as que conteñen os diferentes elementos de contido, é dicir, texto enriquecido ou assets, como ligazóns, libros, bases de datos, etc.
Nunha páxina, as caixas están dispostas en columnas. En reBUSCa utilízanse guías con deseño de navegación lateral polo que as páxinas teñen só unha columna. Ao engadir unha caixa a unha columna, podes escoller a súa posición (arriba, abaixo ou entre outras caixas). Non obstante, podes reordenar e mover as caixas da páxina en calquera momento.
Para crear unha caixa pica no comando:
Existen dúas posibilidades:
Box Name: título da caixa. Aparecerá na navegación da guía baixo a páxina á que pertence a caixa xa que en reBUSCa utilizamos Show box-level navigation for selected page.
Type: debemos escoller o tipo de caixa: standard, tabbed, gallery ou profile.
Position: para indicar onde vai ir a caixa: na parte superior da columna, na parte inferior ou entre dúas caixas.
Floating Box: a caixa aparecerá na vista pública sen bordos, padding nin título. Na vista de edición si que aparecerán para poder acceder ás opcións Edit / Delete
Draft Mode: de xeito semellante ao caso das páxinas, podemos escoller se queremos ou non amosar a caixa na vista pública.
Pode ser unha caixa doutra guía do sistema ou da que estamos a editar.
Guide: seleccionar a guía onde se atopa a caixa que queres reutilizar
Box: seleccionar a caixa que queres reutilizar
Box Name: podes introducir o título para a caixa ou, se o deixas en branco, tomará o da caixa orixinal.
Position e Draft Mode: semellantes aos dunha caixa nova
Copy:
Existen os seguintes tipos de caixas:
Standard: é a caixa que máis imos utilizar e a máis versátil.
Tabbed: permite ter unha única caixa co contido organizado nunha ou máis pestanas.
Gallery: permite ter unha caixa cuxo contido é unha presentación dinámica (slide) que pode conter imaxes, libros, recursos da lista A-Z, etc.
Profile: mostra a información do perfil dun usuario específico de reBUSCa.
Permite engadir assets e contido de texto enriquecido/HTML ás túas páxinas. Unha caixa estándar é plana, no sentido de que o contido que engades aparece directamente na páxina.
Nunha soa caixa podes incluír varios tipos de contido e logo reordenalos facendo clic en Add / Reorder.
Unha caixa con pestanas permite dividir o contido dunha caixa en varias pestanas; noutras palabras, é como ter varias caixas estándar apiladas unhas sobre outras. Cando un usuario fai clic nunha pestana da caixa, verá o contido engadido nesa pestana.
Nunha soa pestana, que funciona como unha caixa estándar, podes incluír varios tipos de contido e logo reordenalos facendo clic en Add / Reorder.
Non poñas demasiadas pestanas nunha mesma caixa porque pode dificultar atopar o contido. Tenta tamén que os nomes das pestanas sexan sucintos para evitar que se mostren en varias filas.
Para engadir ou editar as pestanas picar na icona Add/Edit Tabs na parte superior dereita da caixa.
1. Para engadir unha nova pestana, introduce o título da pestana no campo de texto baleiro na parte inferior da lista e preme no botón Create.
2. Para cambiar o título dunha pestana existente, cambia o seu texto e fai clic no botón Update.
3. Para eliminar unha pestana, fai clic no seu botón Delete. (Isto tamén eliminará o contido nesa pestana da túa guía)
4. Para reordenar as pestanas, fai clic na icona de frecha dobre () e arrastra e solta a pestana nunha nova posición.
5. A continuación, fai clic no botón Save Positions na parte inferior da lista de pestanas.
6. Fai clic no botón Close ao rematar.
Ás veces denominada carrusel, unha caixa de galería permite rotar (automática ou manualmente) un conxunto de diapositivas. Unha diapositiva é unha combinación dunha imaxe e texto. Podes crear os seguintes tipos de diapositivas:
Cada usuario do sistema ten a súa propia caixa de perfil, que pode personalizar para mostrar detalles como o seu nome, imaxe de perfil e información de contacto. Isto non só permite aos usuarios da biblioteca saber quen creou unha guía, senón tamén como poñerse en contacto con eles. As guías tamén poden incluír varias caixas de perfil, o que é útil se estás colaborando nunha guía.
Ao engadir unha nova caixa de perfil a unha guía, esta mostrará, por defecto, o perfil do propietario da guía. Sen embargo, pode personalizarse para mostrar o perfil doutro usuario, ou incluso, pode mostrar un perfil aleatorio cada vez que se cargue a páxina.
Este tipo de caixas ten que editalas cada usuario na súa conta, introducindo os datos que queira mostrar. Non son reutilizables.
As caixas Tabbed e Standar, poden incluír varios tipos de contidos.
Para engadir diferentes contidos our reordenar os existentes fai clic en
Para editar cada tipo de contido fai clic en
Na cabeceira da páxina clicar en PAGE e, logo, en REORDER/MOVE Boxes. Ao finalizar fai clic en Save