Ir ao contido principal

reBUSCa - Guía de uso

Explicación de como crear guías, editalas e publicalas en reBUSCa

Busca de Google

Os assets da Google Search (Busca de Google) permiten inserir caixas de busca de Google directamente nas guías.

Podes configurar cada asset para buscar en Google, Google Books, Google Scholar ou Google Patents.

Os resultados abriranse nunha nova xanela, o que permitirá aos usuarios continuar a busca sen perder o seu lugar na guía.

Engadir Google Search

Engadir Busca de Google

 

  • No menú despregable Search Type (Tipo de busca), selecciona o tipo de caixa de busca que queres crear.
    • Web: realizarase unha busca xeral en Google.
    • Books (Libros): realizarase unha busca en Google Books.
    • Scholar (Académico): realizará unha busca en Google Scholar.
    • Patents (Patentes): realizará unha busca de Patentes de Google.
  • Se desexas especificar unha consulta de busca predeterminada para a caixa, introdúcea no campo Default Query.
    • Esta consulta encherase previamente cando se cargue a caixa de busca.
    • Os usuarios aínda poderán modificar ou substituír esa consulta se o desexan.
  • Usa a opción Position (Posición) para escoller onde se debe inserir o novo asset na caixa. (Non te preocupes: sempre podes reordenalo máis tarde).
  • Fai clic no botón Gardar. Save

 

Busca de Google - Seleccionar tipo

 

  • Se seleccionaches Scholar como tipo de busca, podes executar a páxina de resultados da busca a través do servidor proxy configurando a opción Use proxy? (Usar proxy) en Yes.
    • Cando estea activado, LibGuides antepoñerá automaticamente o URL do teu proxy ao URL de busca, o que permitirá aos usuarios ver o texto completo dos contidos que se atopan nos teus recursos electrónicos.
    • Nota: isto require que o teu administrador proporcione o URL proxy da túa biblioteca na configuración do teu sistema LibGuides.

 

 Busca de Google - Google Académico

 

 

Google Web Search
Google Book Search
Google Scholar Search
Google Patent Search