Ir ao contido principal

reBUSCa - Guía de uso

Explicación de como crear guías, editalas e publicalas en reBUSCa

Título, descrición, grupo

Cabeceira da guía

 

Título: no exemplo "Crear guías". Introdúcese ao crear a guía pero pode editarse, se é necesario, picando encima.

Descrición: se non se indicou ao crear a guía pode facerse aquí. Non é obrigatorio e non vai visualizarse na vista pública. Picar en [Click to enter a description]

Last Updated: data da última modificación da guía (aparecerá automaticamente no pé). Non se pode editar.

Type/Group: obrigatorio introducilos ao crear a guía. Poden editarse aquí se é preciso.

URL

URL: por defecto, aparece a asignada polo sistema. É obrigatorio cambiala por unha URL amigable. Pensar moi ben antes de introducila pois será permanente e non pode cambiarse.

 

Guía URL amigable

 

Obrigatorio comezar a URL amigable coa palabra "guia", sempre que se trate dunha guía dun recurso-e. Así poderemos distinguir as URLs das guías das URLs dos recursos electrónicos

Obrigatorio utilizar guións ( - ) para separar palabras e utilizar sempre minúsculas.

Prohibido utilizar: guións baixos ( _ ) para separar palabras, acentos, eñes (ñ)

Prohibido cambiar a URL unha vez establecida para non romper posibles ligazóns á guía.

Tamén é obrigatorio facer amigables as URL das páxinas que conteña a guía. Ver Páxinas / Cabeceira da páxina.

Materias

Materias: é obrigatorio asignar materia/s ás guías. Escoller da lista despregable tantas materias como sexan necesarias e logo facer clic en Save. Non se poden crear novas materias, é o administrador do sistema quen o fai. 

Guía, asignar materias

Etiquetas

Etiquetas: é obrigatorio asignar etiquetas. O procedemento é semellante á asignación de materias coa diferenza de que todos os usuarios poden crealas. 

Non se recomenda poñer demasiadas.

Guía asignar etiquetas

Cabeceira completa

Cabeceira completa da guía

Guía Cabeceira Completa