Táboa de contidos
Obrigatorio.
Recomendado
Prohibido.
Non recomendado.
Coidado!
Admin users
Regular users
Editors
Esta guía é un manual para xestionar as guías reBUSCa. Trátase de estandarizar a estrutura do contido e o deseño da información.
Para iniciar sesión en LibApps debemos ir a:
https://usc-gal.libapps.com/libapps/login.php
e introducir o noso nome de usuario e contrasinal.
Para ir a LibGuides, utilizar o menú da parte superior esquerda:
Ou dende os accesos rápidos picar en reBUSCa:
Hai tres niveis de permisos en LibGuides:
Administradores (Admin users): estes usuarios poden crear contido, editar todo o contido do sistema e xestionar o sistema e a configuración.
Usuarios habituais (Regular users): estes usuarios poden crear, publicar e editar o seu propio contido. Tamén poden ser revisores de guías. Membros do grupo Guías e Titoriais
Editores (Editor users): estes usuarios só poden editar guías ás que foron asignados como editores. En principio: todos os demáis usuarios (persoal das bibliotecas de centro, etc.)
As guías poden agruparse en "Grupos" según a súa función, tipoloxía... Os grupos que imos utilizar, de cara aos usuarios, son: