Ir ao contido principal

reBUSCa - Guía de uso

Explicación de como crear guías, editalas e publicalas en reBUSCa

Comprobacións

Antes de publicar a guía (ou antes de enviala a revisión no caso dos editores) hai que facer unha serie de comprobacións:

  1. Puxeches materia/s á guía
  2. Puxeches etiqueta/s á guía
  3. Puxeches o tipo de guía
  4. Incluíches a guía nun grupo
  5. Cambiaches o URL da guía e de todas as páxinas por URLs amigables
  6. Revisa a ortografía e a redacción
  7. Comproba que todas as imaxes teñan a etiqueta alt
  8. Comproba as ligazóns
  9. Revisa a orde de páxinas, caixas e contidos.
  10. Comproba o uso do proxy nas caixas de busca e recursos electrónicos.
  11. Comproba como se visualiza a guía en diferentes navegadores e dispositivos (móbiles)

Revisar assets

Antes de publicar unha guía, débense levar a cabo algunhas medidas básicas de mantemento para garantir a calidade da información. A maioría destas operacións realízanse desde a sección Content > Assets.

Os editores só poden xestionar os assets que eles crearon.

 

Contido - Assets

 

Ao crear unha guía é fácil crear recursos que non usemos máis tarde. Isto é moi común se copiamos contido doutras guías en lugar de mapealo. É conveniente revisar e eliminar aqueles assets que non se utilicen.

Na sección Content > Assets, busca os activos sen asignar (campo MAPPING COUNT = 0). Isto amosaranos os non utilizados. Para eliminalos, utilizaremos a opción Delete ()

 

URLs duplicados

Unha vez que remate a guía, comproba que non tes assets ou widgets duplicados. O fortalecemento da estrutura da rede de LibGuides facilitará o seu mantemento e actualización.

Miniatura da guía

É obrigatorio facer a imaxe en miniatura da guía antes de publicala. Así, cando a guía sexa enlazada, ou fagamos unha galería de guías, amosarase a imaxe.

Ir ao estado da guía e logo a  Change Status & Share

Cambiar estado da guía

 

Na pestana Guide Thumbnail, facer clic no botón  "Take new guide screenshot"

Crear miniatura da guía

 

1. Pasados uns segundos aparecerá a miniatura da guía

2. Sempre que cambie a primeira páxina da guía, debemos volver aquí e tomar unha nova miniatura.

Miniatura da guía

Editores

Os editores Editors non teñen permiso para publicar as guía. Deben envialas para revisión. 

Para enviar a guía a revisión, logo de facer as comprobacións anteriores, vai a Estado da guía, e logo, a Change Status & Share:

Cambiar estado da guía

 

En Publication Status, escolle Submit for Review:

 

Estado da guía - Enviar revisión

 

Aparecerá unha caixa na que podes enviar unha mensaxe ao revisor Message

Logo fai clic en Save e a guía será enviada á revisión.

Estado da guía - Mensaxe

 

 

Publicar a guía

Só os administradores, e os Regular Users con permiso de revisión, poden publicar as guías.

 

 

Para publicar a guía, logo de facer a revisión, vai a Estado da guía, e logo, a Change Status & Share:

Cambiar estado da guía

 

 

En Publication Status escolle Published e logo fai clic en Save e Close

Estado da guía - Publicada