Ir ao contido principal

reBUSCa - Guía de uso

Explicación de como crear guías, editalas e publicalas en reBUSCa

Enquisa

Os assets das enquisas (Poll) permiten crear formularios sinxelos para recoller comentarios dos usuarios.

Cada enquisa contén unha única pregunta de opción múltiple con ata 10 posibles respostas.

Os resultados móstranse en directo na pantalla despois de enviar cada resultado, pero os propietarios da guía poden ver e restablecer os resultados en calquera momento mentres editan a guía.

Engadir enquisa

Engadir enquisa

 

  • No campo Poll Title (Título da enquisa), introduca a pregunta ou declaración á que deben responder os usuarios. Así é tamén como se identificará a enquisa na túa biblioteca de assets.
  • En cada Choice (campo numerado de elección), introduce unha opción para que os usuarios escollan.
    • Se desexas que o texto desa opción se ligue a un URL específico, introdúceo no campo URL correspondente.
    • Cada enquisa está limitada a un máximo de 10 opcións.
  • Usa a opción Position (Posición) para escoller onde se debe inserir o novo recurso na caixa. (Non te preocupes: sempre podes reordenalo máis tarde).
  • Fai clic no botón Gardar  Save

 

Crear enquisa

 

Exemplo de enquisa

Avalía a utilidade desta guía (10 a máxima puntuación)
10: 1 votos (100%)
8: 0 votos (0%)
6: 0 votos (0%)
5: 0 votos (0%)
4: 0 votos (0%)
2: 0 votos (0%)
0: 0 votos (0%)
Votos totais: 1

Reutilizar enquisas