Ir ao contido principal

reBUSCa - Guía de uso

Explicación de como crear guías, editalas e publicalas en reBUSCa

Rich Text / HTML

O elemento Rich Text/ HTML é a solución para practicamente calquera cousa. Permite engadir texto, imaxes, táboas e incluso código. Calquera cousa que se poida facer en HTML, tamén pode facerse nunha caixa de texto enriquecido. É moi semellante a un procesador de texto.

Os elementos de contido de Rich Text/ HTML non están incluídos na túa biblioteca de activos (Content > Assets), polo que só se poden reutilizar reutilizando toda a caixa de texto enriquecido na que se atopan.

Se estás engadindo ligazóns, bases de datos, libros do catálogo, widgets ou calquera outra cousa que teña o seu propio tipo de asset, debes usar ese tipo de asset. Porque, lembra, os recursos de texto enriquecido non están incluídos na túa biblioteca de assets. Isto axudará a garantir que estás a optimizar a reutilización do contido nas guías.

Engadir Rich Text / HTML a unha caixa

Picar na icona  Add / Reorder e escoller a opción Rich Text / HTML

 

Engadir texto enriquecido

Editar Rich Text / HTML

 

Opcións de procesador de texto

  1. Estilo: este despregabre ten algunhas opcións predefinidas que podemos utilizar: unha fonte de máquina de escribir, mostrar o código, resaltado amarelo, cita en liña, etc.
    • "Big" e "Small" son especialmente útiles xa que cambiarán automaticamente o tamaño e serán proporcionais aos tamaños das fontes principais.
  2. Estilos de parágrafo (Normal): usa títulos para subdividir o contido das caixas de texto enriquecido/HTML. O principal é Encabezado 3 que pode subdividirse á súa vez con Encabezado 4, este con Encabezado 5, e este con Encabezado 6. Teñen que ir por esta orde. H1 e H2 son para o título da páxina e o título da caixa.
  3. Fonte (Fuente): Usa coidadosamente os cambios nos estilos, cores e tamaños de fonte. Non engadas estilos de fonte a menos que sexa absolutamente necesario. A folla de estilo do sitio encárgase da configuración básica dos tipos de letra.
    • Non uses cor para indicar énfase. O software de lectura de pantalla ou os usuarios con daltonismo non recollerán o énfase.
  4. Copiar, cortar e pegar: estas iconas só se usarán para copiar e cortar texto da propia caixa de edición de texto enriquecido. Para pegar texto da caixa ou doutros editores web ou procesadores de textos como Word utilizaremos atallos de teclado. Poñeremos o cursor onde queremos pegar o contido e despois: 
    • Windows e Linux: prema CTRL + V  
    • Mac: preme Cmd + V.
    • Ten en conta que sempre debemos asegurarnos de que estamos pegando texto plano sen formatar con códigos de Word ou doutros xestores de contidos web.
  5. Refacer e Desfacer
  6. Estilos de bloques de texto: usa estes comandos para aliñar ou sangrar bloques de texto, crear listas ou bloquear comiñas.
  7. Ligazóns e Áncoras: engade ou elimina hipervínculos ou coloca unha áncora nun documento ao que se poida ligar. É recomendable que se o recurso ao que se enlaza é externo á propia guía, se elixa como "Destino" unha nova ventá.
    • Destino do enlace nunha nova ventá
  8. Inserir: estes comandos permítenche inserir unha imaxe, unha táboa, unha liña horizontal ou un carácter especial.
  9. Pantalla completa: desactivar para volver á vista normal.
  10. Código fonte: usa o código fonte para pegar ou modificar o código HTML.

Imaxes - Xestor de imaxes

Xestor de imaxes

O Xestor de imaxes ofréceche un lugar central para cargar e almacenar imaxes que despois podes reutilizar en LibGuides.

Por exemplo, imaxes engadidas a elementos de contido de texto enriquecido/HTML en LibGuides

Hai dous tipos de bibliotecas de imaxes nas que podes almacenar imaxes:

  • A túa biblioteca persoal contén imaxes que só ti podes xestionar e reutilizar.
  • A biblioteca compartida permite aos usuarios administradores cargar imaxes que todos os usuarios do sistema poden reutilizar.

O xestor de imaxes persoal atópase no menú Content → Image Manager da barra do menú principal. Pódense crear cartafoles para organizar imaxes persoais.

Os administradores tamén poden crear cartafoles compartidos na Shared Library para toda a institución.

Crear un cartafol para cada guía e así teremos todas as imaxes dunha mesma guía nun só lugar.

Os formatos admitidos son: JPG, JPEG, GIF, PNG e ICO cun tamaño de ata 5 MB. No xestor de imaxes podemos examinar unha imaxe, movela a un novo cartafol ou copiar a ligazón directa desa imaxe.

Xestor de imaxes

 

  • Premendo na imaxe podemos engadir unha descrición, o texto alternativo,  palabras clave ou movela a outro cartafol.
  • Premendo na icona  poderemos insertala na caixa que estamos a editar
  • Premendo na icona obteremos a ligazón á imaxe
  • Premendo na icona eliminaremos a imaxe

 

Pegar imaxes: non se poden pegar imaxes en elementos de contido de texto enriquecido/HTML. Se a imaxe foi copiada doutra páxina web, engadirase usando a URL orixinal. Como resultado, se se elimina a imaxe orixinal por calquera motivo, tamén se eliminará na túa guía.

Cargar a imaxe na biblioteca do Xestor de imaxes e, a continuación, inserila mediante o Editor de texto enriquecido, clicando na icona 

Shared Library: só poden subir imaxes os administradores. Comprobar, antes de subir unha imaxe na Personal Library, se xa se atopa na Shared. Se é así, é obrigatorio utilizar esta.

Engadir unha imaxe

Podemos utilizar unha imaxe perviamente cargada no xestor ou cargala ao mesmo tempo que a engadimos ao contido Rich Text / HTML.

 

Inserir imaxe

 

Podemos facer dúas cousas:

  1. Inserir unha imaxe que xa se subiu ao servidor
  2. Subila no momento de inserila

Calquera das dúas formas pasa por, logo de facer clic na icona da imaxe, picar en Ver servidor

Imaxe - Ver servidor

 

1.- Inserir imaxe subida

Preme no botón Ver servidor. Localiza a imaxe no cartafol persoal ou compartido e preme na icona da imaxe para inserila.

2.- Subir unha imaxe

Logo de premer en Ver servidor, vai ao cartafol persoal e sube a imaxe: Upload New Image.

Sempre debemos engadir o Texto Alternativo á imaxe para ofrecer unha breve descrición da información contida nela.

Non é preciso nin recomendable cambiar o tamaño da imaxe. Se se cambia o tamaño orixinal da imaxe configurando o tamaño en píxeles fixos, é posible que non se adapte correctamente á pantalla dos dispositivos móbiles. Se queres cambiar o tamaño, é preferible utilizar tamaños relativos, como porcentaxes.

Para imaxes grandes, debemos redimensionalas antes de cargalas a LibGuides nunha ferramenta de edición de imaxes e comprimilas cun compresor de imaxes

Táboas

O Editor de texto enriquecido inclúe un creador de táboas ( ), que facilita a creación e xestión de táboas nas túas guías.

As táboas utilízanse só para organizar e presentar datos e información, non para organizar o contido.

Non usar táboas como forma de crear columnas dentro dunha caixa. En vez diso, considera usar o sistema de cuadrícula Bootstrap ou unha cuadrícula CSS.