Ir ao contido principal

Manual Alma - Servizos

Manual de xestión do servizo de circulación da BUSC en Alma-ExLibris: usuarios, solicitudes, préstamos e bibliografías recomendadas

Acceso ás listas de lectura

Existen varios modos de acceso ás listas de lecturas.

 

Acceso dende o apartado Reservas de cursos

Podemos acceder directamente ás listas de lecturas xa creadas dende o apartado Reservas de cursos dos Servicios al usuario.

 

 

Acceso dende un curso

Tal como vimos no apartado de cursos, na parte central da pantalla de inicio de Cursos aparece unha listaxe dos cursos con información concisa sobre cada un deles: Código, Nombre del curso, Departamento académico, Departamento de procesamiento, Instructor, Estado, Fecha de inicio, Fecha de finalización e Condición, seguida de tres puntos. Estes tres puntos dan acceso, entre outras, á opción Lista de lecturas.

 

 

Se a seleccionamos, ábrese unha pantalla chamada Lista de lecturas de cursos. 

 

 

1. Na parte superior desta pantalla, a caixa de busca permanente permite buscar entre as listas de lecturas por Todo, Código, Curso e  Nombre. Os demais elementos non se usan na BUSC.

2. Se o curso tivera varias listas de lecturas asociadas, poderíase buscar unha específica na pequena caixa de busca situada encima da listaxe de listas

3. Na parte superior dereita están tres botóns: Añadir lista de lectura, unha icona de exportación en formato excel da lista de lectura e unha roda dentada. Se a prememos ábrese unha listaxe cos elementos predefinidos de descrición das listas aos que podemos engadir outros. 

Se o curso xa ten asociada unha lista de lecturas, aparecerá na parte central da pantalla. Se non a ten, premeremos no botón Añadir lista de lectura para crear unha nova.

Crear lista de lectura

Unha vez na pantalla de Lista de lecturas de cursos imos crear unha lista nova.

Na parte superior dereita están tres botóns. O primeiro chámase Añadir lista de lectura. Ao premer nel ábrese a xanela co mesmo nome.

 

Dous campos son obrigatorios:

  • Código: o código da materia á que está asociada a lista ao que lle engadimos os caracteres "-L". Por exemplo, se o código da materia é G2022241, o código da lista de lectura será G2022241-L.
  • Nombre: o nome da materia á que está asociada a lista, seguido da titulación entre paréntese. No caso de que se trate da nova edición dunha titulación, indicarase do xeito seguinte: Nome da materia (Nome da titulación, xª ed.). Exemplo: Enfermaría pediátrica (Grao en Enfermaría, 3ª ed.)

Hai outros 2 campos:

  • Status: Por defecto é En preparación por el instructor, nesta etapa de creación da lista de lectura non se cambia. Cando a lista estea rematada pasarémolo a Completo. 
  • Fecha de devolución: Lembremos que en Alma os libros dunha lista de lectura poden ter unha ubicación temporal distinta. Cando se remata o período lectivo da materia á que esta lista está vinculada, os libros volven á súa ubicación habitual. Esta data de devolución é a data de remate deste período lectivo.

Unha vez cubertos os campos Código e Nombre, prememos en Añadir y cerrar. Volve a abrirse a pantalla de lista de lecturas de cursos y aparece a información da lista que vimos de crear. Nos tres puntos da dereita, escollemos a opción Trabajar en para entrar na pantalla Editar lista de lectura.

 

 

1. Debaixo da información introducida cando creamos a lista, están 4 lapelas: Citas, Cursos, Notas, Cambios recientes.

2. Na parte superior da pantalla á esquerda dos botóns Volver e Guardar, están outros 2 botóns:

  • Imprimir comprobante: úsase para imprimir citas da lista de lectura previamente seleccionadas (se estamos na lapela Citas), información da lapela Cursos ou de Cambios recientes.
  • Imprimir informe: dende calquera das lapelas da pantalla Editar lista de lectura, pódese enviar ou imprimir un ficheiro excel coa listaxe das citas incluídas na lista de lectura.

 

Citas

A primeira lapela, Citas, presenta varias accións. Imos empregar as seguintes.

  • Eliminar citas: seleccionamos as citas que queremos eliminar e prememos neste botón. Aparecerá unha mensaxe para confirmar a eliminación.
  • Añadir cita: este botón presenta 3 opcións. A opción Añadir citas del repositorio serve para engadir referencias de recursos dispoñibles en Alma BUSCAo premer nela, ábrese unha pantalla de busca. Unha vez atopada a cita que queremos engadir, selecciónase e aparece na lista de lecturas. Veremos máis adiante, no apartado Solicitude de compra a partires das citas, a opción Añadir citas que non son del repositorio.

 

 

  • Cambiar estado: Importante: cando rematamos de engadir citas do repositorio, na lapela Cambiar estado, pasamos todas as citas a estado Completo e prememos en Guardar.
  • Expandir: Neste botón están 3 opcións: Expandir todos, expandir electrónico, expandir físico. Permite visualizar máis información sobre as citas (por exemplo distintos exemplares físicos...). Tamén podemos colapsar a cita e reducir así a información visible.
  • Engadir citas de recursos electrónicos gratuítos que non se atopan no Alma da BUSC: primeiro teremos que catalogar o recurso, de acordo co establecido no Manual de Procesos de Alma, e despois seguimos o procedemento indicado nos puntos anteriores para incluír a cita na lista de lectura.

 

Cursos

Na lapela Cursos está a listaxe dos cursos aos que está asociada a lista de lectura. Despois dos distintos elementos de descrición están 3 puntos. Nestes permítese unha soa acción, Eliminar asociación.  

 

 

  • Notas:  Lapela baleira
  • Cambios recientes: Nesta lapela pódense consultar os cambios feitos na lista de lectura

 

 

No despregable Tipo pódese seleccionar un tipo de cambio.

Revisar lista de lectura

Cando se publiquen as guías das materias para o seguinte curso académico, entraremos nas listas de lectura xa existentes para revisalas e introducir os cambios precisos.

No caso de revisar unha lista xa creada, en vez de seleccionar un curso e editar a lista de lecturas que ten asociada, podemos ir directamente á lista de lectura sen pasar polo curso.

Empregamos o acceso directo ás Listas de lecturas dende o apartado Reservas de cursos, chegamos á pantalla Lista de tareas de listas de lecturas

 

 

1. Na parte superior desta pantalla, a caixa de busca permanente permite buscar entre as listas de lecturas por Todo, Código, Curso e  Nombre. Os demais elementos non se usan na BUSC.

2. Na parte superior dereita da pantalla, están 4 botóns:

  • Gestionar seleccionados, dá acceso a distintas opcións de borrado e eliminación, asignación e asociación.
  • Cambiar estado, dá acceso a varias opcións das que usarán principalmente as dúas primeiras: Completo, En preparación por el instructor
  • Botón de exportación
  • Roda dentada

Os botóns de exportación e a roda dentada teñen as mesmas funcións que as que vimos na parte Crear listas.