Ir ao contido principal

Manual Alma - Servizos

Manual de xestión do servizo de circulación da BUSC en Alma-ExLibris: usuarios, solicitudes, préstamos e bibliografías recomendadas

Usuarios da USC sen TUI activada

As persoas usuarias pertencentes á comunidade universitaria e polo tanto con dereito a TUI, pero que non aparece activada na app da USC, teñen que acudir aos seus centros de referencia ou actividade (neste momento o Rexistro xeral na Reitoría) para realizar unha fotografía. Unha vez realizado este trámite e comprobada a vinculación coa USC, expedirase a TUI dixital e poderase acceder á mesma dende a app da USC. 

Cambio de condición de contas externas a internas

Consulta o apartado Baixas e cambios de conta para saber más sobre este contido. 

Rexistros duplicados

É posible atoparnos en Alma dous rexistros para unha mesma persoa usuaria. Cada un dos rexistros  terá un identificador primario que corresponde ao código de barras. O primeiro que tes que saber é cal é o código de barras correcto. Cando teñas esta información terás que enviar os datos principais dos rexistros (nome e apelidos, identificador principal) indicando cal é o identificador correcto ao correo busc-alma-servizoS@grupos.nube.usc.gal para que os fusionen. 

Datos erróneos en contas externas

Nas contas externas poderemos modificar os datos erróneos que veñen do SIS no caso de que impidan a correcta identificación das persoas usuarias.

Pódese solicitar a corrección de datos o enderezo: busc-alma-servizos@grupos.nube.usc.gal

Resolución de problemas

As persoas usuarias con contas externas deben poñerse en contacto co CAU cando teñan problemas co inicio de sesión en Iacobus (Primo). Tal e como aparece no aviso do catálogo Iacobus, deberán dirixirse ao Centro de Atención a Usuarios (CAU) utilizando o correo electrónico cau@usc.gal ou nos teléfonos 981 563 100 - Ext. 55555 (Santiago) - 982 285 900 - Ext. 55555 (Lugo). O horario de atención é de 8:00 a 22:00.