Ir ao contido principal

Manual Alma - Servizos

Manual de xestión do servizo de circulación da BUSC en Alma-ExLibris: usuarios, solicitudes, préstamos e bibliografías recomendadas

Tipos de rexistro de usuarios

Contas externas e internas

Como sinalamos no apartado Usuarios, dependendo da forma na que sexan incluídos en Alma existen dous tipos de conta de persoas usuarias: as contas de usuarios externos que son os cargados dende unha base de datos externa polos servizos informáticos da USC, e as contas internas que son as creadas polo persoal bibliotecario.

  • As contas externas corresponden as persoas usuarias relacionadas coa comunidade universitaria. Están importadas e xestionadas polo Servizo ATIC-CAU da USC. Os seus principais identificadores proveñen do sistema externo e non se poden cambiar. Son os usuarios que teñen TUI ou que poden obtela e Alumni, con credenciais USC.
  • As contas internas son as que pertencen a aqueles usuarios que non teñen relación coa USC. Son totalmente xestionadas polos bibliotecarios en Alma. Corresponden a usuarios que teñen unha carta de usuario externo ou carta de usuario invitado creada pola BUSC. Tamén están en contas internas os Alumni, que non dispoñen de credenciais da USC.

Tanto na TUI como na carta de lector ou carta de usuario invitado ten que aparecer un código de barras que é o identificador primario do usuario.

 

Estado dos rexistros

Os rexistros poden estar activos ou vixentes ou non activos ou caducados. No caso das contas internas, supón un axuste manual.

Na BUSC a caducidade dos rexistros de usuarios en contas internas ven determinada pola data de caducidade do rexistro.No caso das contas externas, a caducidade depende da vixencia das credenciais de autenticación e polo tanto da sincronización externa realizada pola ATIC. 

Buscar rexistros de usuario

Podes acceder ao rexistro de usuario de dúas formas con dúas visualizacións iniciais distintas:

  1. Dende a barra de busca permanente disposta na parte superior de cada páxina accedemos á visualización: Detalles del usuario
  2. Dende Servicios al usuario/Gestionar servicios al usuario/Identificación del usuario accedemos á visualización: Servicios del usuario

Na primeira opción, recuperamos o perfil completo da persoa usuaria cos seus datos persoais, os seus roles, o historial, etc.. mentres que dende a segunda opción a información preséntase priorizando a actividade do usuario en Alma. Esta última é a interface que utilizamos para xestionar os préstamos, as reservas e as devolucións. 

 
1. Busca dende a barra de busca permanente

Para acceder á información da persoa usuaria, selecciona Usuarios no primeiro despregable. No segundo despregable poderemos elixir campos concretos do rexistro de usuario: Apelido, Identificador primario (código de barras), Identificadores (núm. do DNI sen letra), Correo electrónico, etc. ou por calquera palabra ou número seleccionando Todos

Temos que ter en conta que Alma non atopa coincidencias parciais co número do DNI ou co correo electrónico polo que temos que escribilos completos.

Unha vez introducido o termo ou termos e premer intro, o sistema mostrará a relación de todas as contas que coinciden coa busca realizada. Sobre os resultados de busca, mostraranse catro pestanas que permitirán limitar segundo os tipos de usuarios establecidos: Persoal, Público, Contacto e Todos

Tamén se pode filtrar por:

  • Conta: Usuarios internos, Usuarios externos, Internos con usuarios de autenticación externa, Todos. 
  • Rol: O rol determina os permisos que ten o usuario para operar en Alma. Todos os usuarios teñen o rol de Usuario, pero ademais o persoal da BUSC ten os seus propios roles en ALMA. 
  • Estado: Todos, Activo ou vixente, Non activo ou caducado 

 

 

Se premes na pequena ficha xunto ao nome do usuario abrirá unha ventá cos datos básicos do usuario. 

Premendo sobre o botón dos tres puntos podemos editar os datos dos rexistros. Tamén o podemos facer premendo no nome do usuario. En ámbolos dous casos abrirá a vista do rexistro de usuario chamada Detalles del usuario. Temos que premer en Abrir para actualizar para editar esta información. No caso das contas externas, coas limitacións existentes. 

Unha vez dentro da visualización Detalles del usuario, se prememos en Gestionar actividades e servizos al usuario podemos acceder directamente á vista de Servicios al usuario

 
2. Busca dende Servicios al usuario/Gestionar servicios al usuario/Identificación de usuario

Neste segundo caso, podemos realizar a busca tecleando na caixa de busca os apelidos, o nome o código de barras ou o DNI (sen letra). 

Dende esta busca accedemos á vista Servicios al usuario. Nesta vista priman fundamentalmente os datos de préstamo. solicitudes e devolucións do usuario e é a utilizada para a xestión dos servizos. Dende aquí temos acceso á xestión rápida dos datos de usuario en Editar información del usuario para modificar información de contacto. 

Se prememos no identificador da universidade (o DNI) podemos acceder á vista Detalles del usuario e tamén editala. No caso das contas externas coas limitacións existentes. 

Xestionar rexistros de usuario

O rexistro do usuario

O rexistro de usuario na visualización Detalles del usuario, presenta a información estructurada en pestanas. A punta dobrada de cor azul na esquina dereita dunha pestana indica que teñen contido. Imos describir cada unha das pestanas:

 

 

  • Información xeral: contén os datos básicos do usuario e os seus roles. No caso de contas externas aparecen campos sombreados que non se poden modificar xa que proveñen da sincronización realizada pola ATIC.
  • Información de contacto: enderezos, correos e teléfonos. Nesta pestana podemos facer modificacións nas contas externas. Engadir datos, nunca eliminar ou modificar os creados polo ATIC.
  • Identificadores: son os identificadores engadidos pola área TIC. O University ID é o número do DNI (sen letra) e o Additional ID e o correo da USC. Nas contas externas non se poden modificar.
  • Notas: as notas son de texto libre. Poden ser visibles para o usuario na súa conta de Primo-Iacobus e tamén emerxentes para que aparezan ao realizar calquera transacción ao usuario. As notas da ATIC non se deben borrar. 
  • Sancións: dende esta pestana pódense activar sancións xeradas polo sistema sobre as normas de préstamo e tamén crear sancións manualmente. Para poder facelo requírense roles específicos.
  • Multas/Cuotas: recolle información sobre os exemplares perdidos que foron aboados polo usuario. (Non se usa na BUSC)
  • Estatísticas: permite consultar a vinculación do usuario ao centro e/ou titulación no que está matriculado ou traballa. No caso dos Alumnos de calquera tipo e os Alumni a titulación é a categoría Alumni a carga o ATIC,  non se pode alterar este dato dende os mostradores de préstamo.
  • Adxuntos: historial das mensaxes enviadas ao usuario. Inclúe tanto notificacións que se enviaron ao usuario de xeito automatizado polo sistema sobre reservas ou cancelación de solicitudes como mensaxes personalizadas de texto libre enviadas ao seu enderezo de correo electrónico. 
  • Proxy para: un usuario pode ser proxy para outro/os usuario/os, é dicir, pode representar a outros á hora de tomar libros en préstamo, pero o préstamo cárgase a aqueles. Aquí aparecerá o nome ou nomes dos usuarios dos que é proxy e os seus correos electrónicos. 
  • Historial: aparece o historial de modificacións realizadas no rexistro de usuario e as súas sancións.  

Xestionar contas externas

Os usuarios con contas externas sincronízanse con Alma utilizando o Perfil de integración de usuario. Esta integración a realiza exclusivamente ATIC-CAU. A BUSC non pode engadir contas externas.

A actualización de datos das contas externas faise unha vez a semana para os alumnos, e unha vez o mes para os Alumni (dende a ATIC cambian a Alumni os estudantes que deixan de ter matrícula activa na USC). Os usuarios que activen a TIU o longo da semana se cargarán en Alma como alumnos de grao, o seguinte fín de semana, coa actualización de datos pasarán o grupo de usuarios correspondente de acordo coa sua matrícula.

A ATIC carga os seguintes datos:

No caso de PDI e PAS:
  1. Nome e apelidos
  2. Identificador principal (código de barras da TUI)
  3. Correo electrónico da USC
  4. University ID (DNI ou pasaporte sen letra)
  5. Additional ID (enderezo do usuario da USC:  ----- @usc.gal)
  6. Grupo do usuario (PAS, Profesores/Investigadores)

A BUSC carga o dato Categoría de la tarea  para o grupo Persoal da BUSCEste dato non pode modificarse dende os mostradotes de préstamo

No caso de Alumnos da USC (grao, master, doutorando, erasmus...):
  1. Nome e apelidos
  2. Identificador principal (código de barras da TUI)
  3. Correo electrónico da USC
  4. Teléfono
  5. University ID (DNI ou pasaporte sen letra)
  6. Additional ID (enderezo do usuario da USC:  ----- @rai.usc.gal)
  7. Grupo do usuario (Alumno de grao e 4º ciclo, posgrao-master, alumnos de doutoramento...)
  8. Estatistica: Titulación na que está matriculado o alumno
No caso dos Alumni do grupo alumnos (ex-alumnos da USC):
  1. A ATIC actualiza o grupo de usuario
  2. Incorpora o dato de Estatística correspondente: Alumni>Alumno

Estes datos cargados pola ATIC non poden modificarse dende os mostradores.

Para corrixir erros  relacionados cos datos cargados pola ATIC hai que enviar unha solicitude ó enderezo: busc-alma-servizos@grupos.nube.usc.gal

 
Datos a completar polos operadores dos mostradores de préstamo:
  • Información de contacto:
    • Teléfono: o temos que engadir de xeito obrigatorio o para o PDI e PAS,, para os alumnos poden engadirse teléfonos alternativos (nunca eliminar ou modificar a información cargada polo ATIC)
  • Estatísticas:  debe cubrirse de xeito obrigatorio , UDEP co departamento no caso dos PDI ou ben UCENTR no caso que so teñan vinculación a un instituto de investigación, UBIB para o PAS. O resto non teñen carácter obrigatorio. No caso de Alumnos e Alumni, non se debe modificar nin eliminar os datos estatísticos cargados polo ATIC.
  • Outra información: ademáis podemos engadir direccións postais, correos adicionais e outros teléfonos. Sin modificar nin eliminar os datos engadidos pola ATIC.
  • Cambio de grupo de usuario: se houbese erros debe solicitarse o cambio enviando un correo ó enderezo: busc-alma-servizos@grupos.nube.usc.gal

.

Non debemos marcar nunca Añadir como externo para que na sincronización non desaparezan estes datos engadidos por nós. Como os datos principais pertencen ao SIS, comprobaremos que se prememos no botón Abrir para actualizar aparecerá unha ventana emerxente que nos advierte que se modificamos eses datos, desaparecerán na seguinte sincronización. Premer sempre en "No"

 

 

 

Xestionar contas internas

As contas internas son creadas e xestionadas pola BUSC en ALMA. Debemos crear contas internas para as persoas usuarias que non teñen relación coa comunidade universitaria,  indicadas no apartado Usuarios externos á comunidade universitaria. Estas contas son totalmente editables polos bibliotecarios en ALMA. Consulta o apartado Crear usuarios para saber como crear e modificar estas contas. 

Táboa resumo