Ir ao contido principal

Manual Alma - Servizos

Manual de xestión do servizo de circulación da BUSC en Alma-ExLibris: usuarios, solicitudes, préstamos e bibliografías recomendadas

Solicitudes de reserva

A solicitude de reserva física do exemplar é aquela pola que un usuario solicita un recurso físico inventariado á biblioteca que o posue a través dun operador do mostrador de préstamo.

Os propios usuarios tamén poden solicitar exemplares a través de Iacobus.

Tanto se fan a reserva a través do operador de mostrador como a través de Iacobus, as súas solicitudes quedarán rexistradas na pestana de solicitudes no seu perfil de usuario de Iacobus.

Solicitude de reserva física de exemplar a través do rexistro de usuario

Dentro de cada rexistro de usuario hai unha opción para que un operador de mostrador poda facer unha petición de recursos no nome dun usuario. Atopamos esta opción na parte superior da sección de Servicios del usuario. Alma denomina a este tipo de petición como: Solicitud de reserva física de ejemplar.

 

 

Se prememos en Enviar solicitud, vainos aparecer un cadro de busca a través do que poderemos recuperar un título en concreto.

 

 

Premendo na icona da listaxe podemos expandir o sistema de busca se non atopamos o título solicitado.

 

 

Unha vez seleccionado o título aparecerán unha serie de opcións. No caso de tratarse dun título en papel, as opcións dispoñíbles son:

  • Reserva física
  • Reserva anticipada (para solicitar a consulta en sala de obras do fondo patrimonial da BUSC) 
  • Dixitalización

 

 

 

Unha vez seleccionado o tipo de solicitude é preciso completar o formulario que aparece a continuación polo menos coa información mínima obrigatoria (sinalada con un asterisco vermello).

 

 

Aínda que se pode asignar unha prioridade á solicitude de xeito manual, esto influirá na cola de reservas. Unha asignación manual interfire cos procesos de asignación do sistema que dan prioridade ás solicitudes de proceso internas emitidas pola biblioteca. Tamén interfire coa política oficial de préstamo da Biblioteca Universitaria, polo que se desaconsella o seu uso. O operador de mostrador deberá deixar esta opción en branco cando procese solicitudes de reserva física de exemplar a petición de los usuarios.

Para enviar a solicitude ao sistema hai que premer en Enviar:

 

 

Unha vez completada a solicitude, esta apareceranos en Servicios al usuario > Solicitudes de recursos > Recoger de la estantería

 

Solicitude de reserva física de exemplar a través de Iacobus

Este tipo de solicitude é o que empregarán os usuarios para requerir recursos da biblioteca. É preciso advertirlles que, para empregar calquera dos servizos que ofrece Iacobus, deberán identificarse previamente coas súas credenciais da USC. Para identificarse é preciso premer en Iniciar sesión.

 

 

Logo, os alumnos deberán escoller a opción Usuarios con credenciais da USC, mentres que os usuarios externos deberán escoller a opción Usuarios externos autorizados.

 

 

 

Unha vez identificados, o procedemento para solicitar recursos a través de Iacobus é o seguinte: buscamos o título que desexamos solicitar na caixa de busca principal. Solicitamos o recurso buscando no rexistro a sección que ten o rótulo Solicitar no menú da esquerda.

 

 

Dentro da sección Solicitar, prememos en Solicitude

 

 

Nun principio, o botón de solicitude podía variar na súa ubicación en función de se a solicitude se estaba a facer sobre un título do que a biblioteca posuía varias copias ou dun título do que só existía un exemplar. Nun caso, a solicitude realizábase sobre o rexistro bibliográfico (é dicir, sobre o título) e non sobre un exemplar concreto. Agora isto xa non é así en Primo. Actualmente, tanto se hai unha copia como varias, o botón de Solicitude aparece na ubicación da imaxe anterior. Porén, sigue a haber algúns casos no que o botón de solicitude aparece na caixa de exemplar o que permite solicitar ese exemplar en concreto (ver imaxe seguinte).

 

 

Unha vez prememos en Solicitar, abrirase unha nova xanela onde deberemos seleccionar obrigatoriamente a localización de recollida. O sistema informaranos do período de préstamo.

 

 

Una vez realizada a solicitude, o sistema informaranos de que a petición de reserva se efectuou correctamente. 

 

 

Os usuarios poden comprobar que a súa solicitude quedou rexistrada correctamente dentro do apartado As miñas solicitudes da súa conta de Iacobus. Aquí poden tamén consultar o estado actual das súas solicitudes, e, de ser o caso, proceder á súa cancelación. 

 

 

Solicitude de reserva anticipada

As solicitudes de reserva anticipada en Alma funcionan basicamente do mesmo xeito que unha solicitude de recursos normal.

O único que diferencia ás solicitudes de reserva anticipada é que reteñen o recurso obxecto de reserva por un período de tempo determinado. Esta característica permite xestionar mellor o uso dos exemplares de coleccións especiais ou cunha alta demanda e tamén a reserva doutro tipo de recursos como salas de estudo, equipamento, etc.

Na BUSC este tipo de solicitudes empréganse polo de agora para reservar obras do fondo patrimonial da biblioteca, para a súa consulta na sala de lectura. O procedemento dende o catálogo Iacobus, unha vez localizada a obra de interese e coa conta de usuario aberta, será premer na opción Solicitude:

 

E a continuación indicar as datas nas que se quere consultar a obra (campos obrigatorios), e engadir comentarios se fose necesario. A biblioteca de consulta será sempre a biblioteca onde se atopa o libro:

 

 

A solicitude de reserva enviada incorpórase ao fluxo de traballo de solicitude estándar para o seu procesamento no estante, o que inclúe os pasos para recoller exemplares do estante e colocalos no estante de reservas activas (ou estante de reserva anticipada).

A solicitude de reserva anticipada considérase activa no momento no que comeza o fluxo de traballo. Nese momento, se o recurso está dispoñible, a solicitude colocarase de inmediato na listaxe de tarefas Recoller do estante que corresponda; se non está dispoñible, colocarase na listaxe Recoller do estante cando se escanee ou devolva. Cando finaliza a solicitude de reserva, o exemplar volve a estar dispoñible para outros usuarios.

A solicitude de reserva anticipada a través dos mostradores de préstamo é tamén un proceso similar ó de reservas xerais:

Servicios al usuario>Gestionar servicios al usuario>identificación de usuario>Enviar solicitud>Reserva anticipada

 

 

A continuación cubrir os campos necesarios, e a solicitude entrará no fluxo de traballo:

 

Funcionamento da cola de reservas

Cando varios usuarios solicitan un mesmo exemplar, Alma ordena as diferentes solicitudes nunha cola de reservas. As solicitudes pendentes pódense consultar en Gestionar solicitudes y procesos de ejemplar (Servicios al usuario) seleccionando o valor Lugar en la cola en cada un dos títulos. 

 

 

As diferentes solicitudes son ordenadas polo sistema, unha a continuación da outra, segundo a orde de entrada en Alma.

 

 

Porén hai excepcións a esta regra. Alma está configurado actualmente para dar prioridade ás peticións de usuarios pertencentes á comunidade universitaria sobre as peticións procedentes de usuarios externos.  No caso dos libros de préstamo curto, Alma da preferencia aos alumnos do grao sobre o resto de usuarios na cola de reservas. A prelación dos demais usuarios é por orde de petición sempre que sexan usuarios propios. Se se trata de usuarios externos, pasan ao final da cola.

Por defecto, as solicitudes da propia biblioteca, tales como as solicitudes de movemento e as órdenes de traballo (exposicións, encadernación, etc.), teñen prioridade sobre as solicitudes dos usuarios. Porén, esto únicamente describe como Alma ordena as solicitudes entrantes xa que unha vez que comece o fluxo de traballo da primeira solicitude, este non se detén incluso se entran solicitudes de alta prioridade.

Alma proporciona a posibilidade de alterar manualmente a prioridade das solicitudes que se xeneran dende os mostradores de préstamo. Esta práctica está desaconsellada porque contravén a Política de préstamo da Biblioteca Universitaria e altera a prioridade natural que o sistema otorga ás ordes de traballo que son operacións internas propias da biblioteca.