Ir ao contido principal

Manual Alma - Servizos

Manual de xestión do servizo de circulación da BUSC en Alma-ExLibris: usuarios, solicitudes, préstamos e bibliografías recomendadas

Para que serve o Mostrador de lectura en sala. Como cambiar de mostrador

A consulta dos exemplares catalogados como non prestables debe xestionarse dende o Mostrador de lectura en sala. Isto é útil no caso de materiais ubicados en depósito e inclúe o uso dos ordenadores portátiles, que poden ser prestados a calquera persoa usuaria.

Se intentamos prestar un destes exemplares dende o Mostrador de Préstamo, aparecerá unha xanela coa seguinte advertencia:

 

 

Os exemplares prestables tamén se poden prestar dende este mostrador pero non é o máis conveniente xa que, como veremos máis adiante, os préstamos realizados no Mostrador de lectura en sala permanecerán na Estantería de reservas activas mentres non se proceda á súa devolución final.

Para acceder a este mostrador, debes seleccionalo na ventá flotante que se mostra ao abrir Alma, ou ben, se xa estás traballando dentro da plataforma, dende o menú de Ubicación.

 

 

Para visualizar o mostrador no que estás a traballar en cada momento debes marcar a caixa Mostar siempre ubicación actual. Se está desmarcada, no seu canto verás a icona de ubicación.

 

 

Importante: lembra volver ao Mostrador de Préstamo unha vez que remates para efectuar o préstamo de materiais prestables!!

A Estantería de reservas activas e a Estantería de reservas vencidas no Mostrador de lectura en sala

Como no Mostrador de préstamo, para acceder a estes apartados, na barra lateral de Alma, tes que premer en Servicios al usuario e seleccionar a Estantería que desexes dentro do menú Solicitudes de recursos.

  • A Estantería de reservas activas do mostrador de sala difire bastante da do mostrador de préstamo, tanto en aparencia como en función. No Mostrador de Préstamo, dispón dunha soa pestana e permite levar un control dos exemplares cunha reserva activa, pendentes de seren recollidos polos solicitantes e físicamente ubicados no estante de reservas da biblioteca.

Porén, no Mostrador de lectura en sala, dispón de tres pestanas e serve para visualizar que materiais (libros non prestables, ordenadores...) se atopan nese momento fóra da súa ubicación habitual, ben por estaren a ser consultados por alguén en sala (aparecerían reflexados na pestana Mantenido por el usuario), ben porque alguén solicitou unha devolución non final para proseguir máis adiante coa consulta (amosaríanse na pestana En estantería (No Final))

 

 

En cada rexistro destas pestanas podes visualizar dúas datas: Reservado desde e Mantenido hasta. O habitual é que nos dous casos a data reflexada sexa a mesma: a de realización do préstamo. Pero no caso das reservas anticipadas de fondo patrimonial, a primeira sería a data na que se activa a reserva e a segunda o último día de consulta elixido polo solicitante (Data de finalización en Iacobus).

Polo tanto, consultar a Estantería de reservas activas permíteche levar un control dos materiais de uso en sala pendentes de ser devoltos.

Importante: os exemplares de fondo patrimonial con reserva anticipada pendentes de ser recollidos por primeira vez pola persoa solicitante non se visualizan na Estantería de reservas activas do mostrador de lectura en sala, senón na do mostrador de préstamo. Podes consultar o procecemento aplicable a este tipo de reservas no apartado desta guía: Solicitudes>Solicitudes de reserva física de exemplar>Solicitudes de reserva anticipada

  • A Estantería de reservas vencidas  ten idéntica aparencia en ámbolos mostradores. No  mostrador de sala, recolle os exemplares obxecto dunha solicitude de reserva anticipada de fondo patrimonial cuxa data de finalización expirou. 

No caso dun exemplar cunha solicitude de reserva anticipada, unha vez sobrepasada a data de finalización poden darse distintas situacións:

  • Que fose prestado e non devolto ou que non chegase a ser prestado: o exemplar aparecerá reflexado na Estantería de reservas activas, na pestana Mantenido por el usuario.
  • Que fose prestado e devolto (coa modalidade non final): pasará á Estantería de reservas vencidas.

Os materiais da Estantería de reservas vencidas débense reubicar, ou, se estivesen pendentes doutra solicitude, activar a seguinte reserva.

Como prestar exemplares no Mostrador de lectura en sala

Como sucede co resto, estes préstamos deben quedar vencellados ao rexistro da persoa usuaria. O procedemento de préstamo neste mostrador é o habitual, explicado nesta guía no apartado Servizo de préstamo>Préstamos>Como prestar exemplares. O sistema dará como data de vencemento o mesmo día en que se fai o préstamo ás 21:30, agás no caso dos materiais cunha  reserva anticipada, cuxa data de vencemento será a seleccionada na solicitude. Na pantalla verás a relación de préstamos realizados á persoa en tódolos mostradores.

Tamén se aplica o explicado no apartado de préstamos no tocante á visualización en pantalla, ao préstamo con proxy e ao historial de préstamos.

 

 

Ata o momento da súa devolución, os exemplares prestados dende este mostrador permanecerán visibles en Servicios al usuario>Estantería de reservas activas, dentro da pestana Mantenido por el usuario. Polo tanto, neste apartado podes consultar que materiais non prestables do teu centro están prestados para a súa consulta dentro da biblioteca, cando e a quen se prestaron, e outros datos, cuxa visualización podes configurar na icona da roda dentada.

 

Como devolver exemplares no Mostrador de lectura en sala

Dende este mostrador pódense facer dous tipos de devolución: final e non final

 

A. Devolución final

É similar á que se efectuaría cos exemplares prestables. Pódese realizar de dous xeitos:

a) Dende Servicios al usuario>Devolver ejemplares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

No menú despregable Modo de devolución, tes que escoller a opción Final, e na caixa situada debaixo, escanear o código de barras do exemplar. Se non podes usar o código de barras, fai clic na icona Seleccionar de una lista.

 

 

 

Abrirase unha ventá na que poderás recuperar o documento por diferentes elementos (Título, Signatura, etc.). Unha vez localizado o rexistro, preme enriba del. O código de barras aparecerá na caixa. Pulsa en Aceptar. Os materiais devoltos aparecerán na parte inferior da pantalla con indicación do sitio no que se deben reubicar.

 

 

b) Dende o rexistro da persoa usuaria. Podes consultar o procedemento para acceder no apartado desta guía: Servizo de préstamo> Préstamo> Como prestar exemplares

Unha vez aberto, selecciona a pestana Devoluciones. Marca Modo de entrada final e escanea o código de barras do exemplar. Se non podes usar o código de barras, preme na icona Seleccionar de una lista para recuperar o documento. Os materiais devoltos aparecerán na parte inferior da pantalla con indicación do lugar no que se deben reubicar.

 


 

B. Devolución non final

Esta opción emprégase nos casos nos que unha persoa precise devolver un exemplar temporalmente para despois volvelo consultar . Pódese facer de tres xeitos:

 

a) Dende Servicios al usuario>Estantería de reservas activas.

Selecciona a pestana Mantenido por el usuario. Unha vez localizado o documento, preme en Recibir del usuario.

 

 

b) Dende Servicios al usuario>Devolver ejemplares.

No menú despregable Modo de devolución, tes que escoller a opción No final, e na caixa situada debaixo deste, escanear o código de barras do exemplar. Se non podes usar o código de barras, preme na icona Seleccionar de una lista.

 

 

Abrirase unha ventá na que poderás recuperar o documento por diferentes elementos (Título, Signatura, etc.). Unha vez localizado o rexistro, preme enriba del. O código de barras aparecerá na caixa. Fai clic en Aceptar. Os materiais devoltos amosaranse na parte inferior da pantalla con indicación do sitio no que se deben reubicar. Este mostrarase tamén nunha xanela emerxente.

 

 

Ten a precaución de cambiar o modo de devolución no caso de que posteriormente teñas que devolver libros de xeito definitivo.

 

c) Dende o rexisto da persoa usuaria. Podes consultar o procedemento para acceder no apartado desta guía: Servizo de préstamo>Préstamos>Como prestar exemplares.

Unha vez aberto, escolle a pestana Devoluciones. Deixa sen marcar a opción Modo de entrada final e escanea o código de barras do exemplar. Se non podes usar o código, preme na icona Seleccionar de una lista para recuperar o documento. Os materiais devoltos amosaranse na parte inferior da pantalla con indicación do sitio no que se deben reubicar, que aparecerá tamén nunha ventá emerxente.

Calquera que sexa o procedemento que empregues para efectuar unha devolución non final, na Estantería de reservas activas, o rexistro do exemplar pasará da pestana Mantenido por el usuario á pestana En estantería (No final). Cando a persoa que o estaba a consultar volva solicitalo, terás que abrir esta última pestana, localizar o exemplar e premer en Préstamo a usuario. O rexistro volverá á pestana Mantenido por el usuario.