Ir ao contido principal

Manual Alma - Servizos

Manual de xestión do servizo de circulación da BUSC en Alma-ExLibris: usuarios, solicitudes, préstamos e bibliografías recomendadas

Xestión das reservas no Mostrador de préstamo

En Alma, cando se crea unha solicitude de reserva, xérase un fluxo de traballo que temos que resolver nos Mostradores de préstamo.

Dentro de Servicios al usuario atopamos varias opcións que nos servirán para xestionar os distintos procesos: Recoger de la estantería, Estantería de reservas activas, Estantería de reservas vencidas.

Recoller da estantería

Neste apartado (Recoger de la estantería) aparece unha relación dos materiais da nosa ubicación que foron solicitados (mediante unha reserva ou outro tipo de orde de traballo) e que están pendentes de ser atendidos.

 

Podes acceder a esta tarefa de dous xeitos:

  • Servicios al usuario>Solicitudes de recursos> Recoger de la estantería
  • Dende a icona Tareas que requieren su atención no menú de inicio arriba á dereita da pantalla ou dende o widget de Tareas.

 

 

Unha vez recollidos os materiais das estanterías debes escanealos (Servicios al usuario> Solicitudes de recursos>Escanear ejemplares). Ao facelo, podes ver a seguinte acción a realizar con cada un deles.

 

 

Cando se trata dun material para colocar no estante de reserva da túa ubicación, ao escanealo a persoa solicitante recibe no seu correo electrónico un aviso que lle indica que xa ten o exemplar a súa disposición. Os recursos solicitados pódense filtrar dende as facetas da parte esquerda da páxina.

Ao premer sobre o número que aparece no apartado Solicitudes, podemos ver os datos da reserva na cola de solicitudes. Dende Recoger de la estantería podemos Cancelar solicitud, Omitir ubicación (cando o material solicitado non aparece no estante podemos reenviar a petición a outro exemplar) e Marcar como extraviado.

Podes imprimir este listado de solicitudes premendo co botón dereito do rato nos tres puntos de calquera exemplar. Tamén podes premer en Imprimir informe; así, xérase un arquivo Excel que podes descargar, ordear os seus datos según consideres e imprimir.

 

O estante de reservas activas

En Alma sempre podes ver que exemplares están na estantería de reservas do mostrador de circulación no que esteas traballando.

Na Estantería de reservas activas tamén aparecen as reservas caducadas, polo que, para ter este estante actualizado, é imprescindible xestionar cada día a Estantería de reservas vencidas. Podes ordenar as reservas segundo distintos parámetros:  

 

 

Dende a Estantería de reservas activas  podes Cancelar solicitud e Actualizar fecha de vigencia da solicitude. Estas dúas accións podes facelas tamén dende o rexistro da persoa usuaria, na pestana Solicitudes.

 

Cancelar solicitud

Debes seleccionar dunha listaxe a razón da cancelación. Tamén podes incluir unha nota. Se marcas Notificar al usuario, este recibirá unha mensaxe de cancelación da reserva, na que se lle indica o motivo da cancelación. Rematamos a operación  premendo en Confirmar.

Cando cancelamos unha reserva, se hai outra en cola, Alma incorpora esta ao listaxe de reservas activas e comunica a persoa usuaria que ten o material dispoñible para ser recollido. Se prememos no número de Lugar en la cola, mostraranos o número de reservas que hai sobre o mesmo exemplar. O número cero sempre fai referencia ao primeiro posto.

 

Actualizar fecha de vigencia

Ábrese un calendario onde podes modificar a data de vencemento do material reservado que está no estante de reservas activas. Usamos esta opción cando unha persoa usuaria solicita máis días para recoller un material reservado por un motivo xustificado. Deste xeito evitamos que o exemplar pase á Estantería de reservas vencidas.

 

O estante de reservas vencidas

Diariamente débese revisar a Estantería de reservas vencidas co obxecto de retirar do estante físico onde se depositan os materiais reservados, aqueles cuxa data de permanencia nel expirou, é dicir, aqueles que despois de 48 horas non foron recollidos pola persoa que os solicitou. Ten en conta que mentres non xestiones este estante:

  • Os exemplares seguen a amosarse na Estantería de reservas activas.
  • Os exemplares seguen a constar como Mantenido para a persoa solicitante, e esta aínda pode recollelos.

 

Dentro do Mostrador de Préstamo, na columna da esquerda, preme en Servicios al usuario e, seguidamente, en Estantería de reservas vencidas. Abrirase a pantalla de Ejemplares de la estantería de reservas vencidos, con varias pestanas na parte superior e facetas á esquerda. As pestanas indican o destino de cada documento. Por defecto, abrirase a pestana Reubicar. Tes que comprobar se nas demais hai algún exemplar (aparecerá indicado nunha paréntese ó lado do nome da pestana)

  • A pestana Reubicar contén a listaxe de documentos que pertencen á biblioteca na que estás a traballar, que non teñen máis reservas pendentes, e que, polo tanto, deben volver á súa localización habitual.

 

Neste caso, tes que seleccionar os exemplares e facer clic no botón Reubicar. Podes facelo en bloque (marcando a caixa Seleccionar todo),  individualmente, ou marcando varios. O rexistro destes materiais desaparecerá dos estantes de reservas vencidas e activas, o campo Estado pasará a ser Ejemplar en su lugar, e non quedaría máis que colocalos no seu sitio.

 

 

  • A seguinte pestana, Enviar al mostrador de circulación, non se emprega na BUSC.
  • A pestana Enviar a biblioteca inclúe a listaxe dos documentos que:

a) Pertencen ó fondo doutro centro e non teñen máis reservas pendentes. Neste caso deben regresar á súa ubicación orixinal.

b) Teñen outra reserva con recollida noutra biblioteca.

En ámbolos casos, tes que poñer en tránsito o exemplar ou exemplares, de xeito conxunto, seleccionando só algúns ou individualmente e premendo no botón Tránsito.

 

 

Á esquerda da pantalla, no apartado Destino das Facetas, verás a biblioteca de destino. No caso de existiren varios exemplares con distintos centros de destino, podes filtrar por centro facendo clic no nome.

 

Unha vez postos en tránsito, o rexistro destes exemplares desaparecerá dos estantes de reservas vencidas e activas. Só quedaría retirar os libros do estante de reservas e envialos á biblioteca correspondente.

  • A última pestana, Activar siguiente, reflicte os exemplares que teñen unha segunda reserva pendente con recollida na biblioteca na que estás a traballar. Neste caso, debes seleccionalos e pulsar no botón Activar siguiente. Como no resto dos casos, podes facelo individual ou conxuntamente. A solicitude ou solicitudes desaparecerán da Estantería de reservas vencidas e aparecerán na Estantería de reservas activas. As persoas que fixeron a reserva recibirán un aviso de recollida por correo electrónico.

 

 

Dispós de diversas opcións para configurar a visualización da pantalla de Ejemplares de la estantería de reservas vencidos:

  • Podes ordenar a listaxe de reservas por distintos elementos (por exemplo, por Signatura).
  • Podes filtrar os rexistros por facetas.
  • Podes escoller que elementos visualizar na icona da roda dentada.

 

 

Tamén podes xerar un arquivo Excel das listaxes de reservas premendo na icona Exportar listas.