Os mostradores son os lugares onde se prestan servicios ó usuario. Dende eles xestiónase a entrada e saída de exemplares físicos.
Cada biblioteca da USC ten asociados 2 mostradores:
- Mostrador de préstamo
- Mostrador de lectura en sala
O mostrador de préstamo é o mostrador por defecto, a través del realízanse a maioría das tarefas do servizo:
- Préstamo/Devolución de exemplares físicos
- Xestión dos estantes de reserva
- Xestión das solicitudes
- Xestión das ordes de traballo
- Creación dos cursos e listas de lectura...
O mostrador de lectura en sala é o mostrador que xestiona a consulta de fondos excluidos do préstamo a domicilio.