Ir ao contido principal

Manual Alma - Servizos

Manual de xestión do servizo de circulación da BUSC en Alma-ExLibris: usuarios, solicitudes, préstamos e bibliografías recomendadas

Como renovar exemplares

É posible renovar os préstamos dentro dos periodos establecidos pola Biblioteca  sempre que os materiais  non estean reservados.

As persoas usuarias poden facer renovacións dende o seu rexistro en Iacobus.

Para renovar un préstamo dende Alma tes que:

    1. Seleccionar Servicios al usuario>Gestionar servicios al usuario     

    2. Acceder ao rexistro da persoa usuaria.     

    3. Seleccionar a opción Préstamos.

    4. Á dereita de cada exemplar prestado, abrir o menú dos tres puntos e premer en Renovar, ou se configuraches esta acción como principal, directamente sobre o botón Renovar.

    Pódense renovar varios exemplares ao mesmo tempo seleccionando as opcións Renovar lo seleccionado ou Renovar todo.

    5. Para pechar a transacción premer en Hecho. Alma enviará automáticamente un acuse de recibo das obras en préstamo coas novas datas de vencemento.

 

 

Cando xa se fixeron dúas renovacións dun exemplar, pero non se completaron todos os días aos que esa persoa usuaria ten dereito (por exemplo, se faltaban dous ou tres días cada vez que renovou) o sistema acumula ese tempo que perdeu e permite unha terceira renovación polos días que restan ata completar o prazo total permitido.

 

Casos nos que a renovación non está permitida

 

  •     Renovación dun exemplar reservado:o sistema emite un aviso.

  •  Renovación dun exemplar vencido:

  •  Renovación dun exemplar reclamado como devolto

  • Renovación dun exemplar perdido. Neste caso a opción Renovar directamente non se amosa entre as opcións do rexistro.

 

Renovacións automáticas

PDI   

As renovacións do préstamo para o PDI están automatizadas en Alma:

2  renovacións para exemplares de préstamo curto
4 renovacións (5 avisos do sistema) para os exemplares prestables
A renovación automática afecta os libros prestables, de préstamo curto e material acompañante (todo o material prestado ó PDI).
Non se activará a renovación automática nos seguintes casos:

  • Cando o rexistro de usuario caduque antes da data de renovación.
  • Cando o usuario exceda o límite de devolucións vencidas.
  • Cando o usuario exceda o período de renovación do exemplar.
  • Cando a renovación do préstamo está en conflito cunha solicitude de reserva de outro usuario.

Na actualidade non están activadas cartas de aviso de renovación. O PDI só recibirá os avisos de vencemento.
O grupo de usuarios PDI inclúe profesores invitados, visitantes...con TUI da USC. Ë necesario o control da data límite de estancia na USC destes usuarios. O control dos rexistros de usuarios PDI se fai dende as Bibliotecas de centro e intercentro.