Ir ao contido principal

Manual Alma - Servizos

Manual de xestión do servizo de circulación da BUSC en Alma-ExLibris: usuarios, solicitudes, préstamos e bibliografías recomendadas

Como devolver exemplares

En Alma a devolución de exemplares pódese realizar de dous xeitos:

A.- Devolución con usuario dende Servicios al usuario>Gestionar servicios al usuario.

1. Introduce os datos da persoa usuaria (Ver Como acceder ao rexistro da persoa usuaria)  e preme en Ir.

2. Selecciona a opción Devoluciones.

3. Na caixa de busca introduce o código de barras do exemplar ou, no seu defecto, fai unha busca por algún campo do exemplar a través da icona Recoger.

 

 

 

4. Abrirase unha ventá na que poderás recuperar o exemplar por diferentes elementos (Título, Signatura, etc.). Unha vez recuperado o rexistro de exemplar, tes que seleccionalo e o seu código de barras aparecerá na caixa de devolución.

5. Ao facer clic en Aceptar, a devolución quedará rexistrada na parte inferior.

6. Cando remates de devolver tódolos exemplares, preme no botón Hecho. Deste xeito saírás da páxina, ao tempo que se envia unha notificación do préstamo á persoa usuaria, tal como se indicará nunha xanela emerxente.

 

 

B.- Devolución con usuario dende Servicios al usuario>Gestionar servicios al usuario.

1. Introduce os datos da persoa usuaria (Ver Como acceder ao rexistro da persoa usuaria)  e preme en Ir.

2. Selecciona a opción Préstamos.

3. No símbolo dos tres puntos do rexistro que proceda, escolle a opción Devolver ejemplar.

 

 

4. Cando remates, preme no botón Hecho.

C.- Devolución sen usuario dende Servicios al usuario>Devolver ejemplares.

1. No cadro de busca, introduce o código de barras do exemplar e fai clic en Aceptar.

2. Dende a opción de Ignorar fecha y hora de devolución podes modificar a data de devolución dos exemplares a devolver.

3. O sistema devolve unha listaxe de confirmación.

4. Dende o menú dos tres puntos (á dereita de cada exemplar devolto na listaxe de confirmación) tamén podes modificar a data de devolución dun exemplar concreto.

5. Unha vez devoltos tódolos exemplares, preme no botón Hecho.

 

 

Posibles destinos do exemplar

Cando devolves un exemplar, Alma sempre indica a seguinte acción que debes realizar co material devolto.

  •     Se o material devolto é da nosa ubicación, o sistema indica que debe ser colocado na estantería.

 

 

  •     Se o material devolto é doutra ubicación, Alma mostrará unha mensaxe de aviso.

 

 

  •     Tamén se ten que volver ó estante de novidades.

 

  •     Se o exemplar devolto ten unha reserva pendente na nosa ubicación, o sistema mostrará unha mensaxe de aviso. Así mesmo, enviará un email á persoa solicitante indicándolle o tempo do que dispón para a súa recollida.

 

 

  •     Se o exemplar devolto ten unha reserva pendente noutra ubicación, a mensaxe que aparece será a seguinte:

 

 

 

Como visualizar as devolucións na conta dunha persoa usuaria

 Dentro da conta da persoa usuaria, coa opción Devoluciones activada:

  • No panel central, como acontece cos Préstamos e as Solicitudes, hai tres iconas que permiten configurar os elementos que queremos visualizar e o xeito de visualizalos: Visualización en pantalla partida/visualización en lista, Vista de rexistro/vista de táboa e Personalizar.
 
Visualización en pantalla partida/visualización en lista

Podes elixir entre estes dous tipos de visualización pulsando na icona situada na esquina superior dereita. A visualización en pantalla partida permite ver máis detalles do rexistro sen perder contexto, é dicir sen ter que deixar a lista e volver. Pero non funciona para tódolos tipos de  pantallas (depende da súa resolución). Podes premer en Secciones e logo en cada unha das seccións do rexistro (Resumen, Información de devolución, Información del préstamo, Información del ejemplar e Notas) para velas por separado sen facer uso da barra de desprazamento.

 

 

 

Dende a visualización en pantalla partida podes cambiar á vista completa premendo na icona Abrir vista de página completa. Dende aquí tamén podemos ir directamente ás distintas seccións. As accións do rexistro (Cambiar fecha de devolución, Historial de préstamos, Orden de trabajo,) aparecerán na parte de arriba. Tamén é posible acceder á vista completa premendo directamente sobre un rexistro.

 

 

Vista de rexistro/vista de táboa

Facendo clic na icona situada á esquerda da anterior, podes cambiar da vista de rexistro, que é a amosada por defecto, á de táboa. A vista de táboa amosa a mesma información pero dun xeito máis compacto. O cambio permanece entre sesións. Para volver á vista de rexistro deberás volver usar a mesma icona. Podes variar a orde dos campos pulsando na parte superior da columna que desexes mover e arrastrándoa ata a nova ubicación. Outra opción, como veremos, é facelo dende a icona Personalizar (roda dentada).

Dende a vista de táboa tamén podes visualizar os rexistros en pantalla partida ou vista completa.

 

 

Personalizar

A opción de Personalizar permíteche modificar a visualización da interface de moitos xeitos diferentes. Fai clic no símbolo da roda dentada.

 

 

 

 

Se se elixe unha configuración distinta á existente por defecto, entre parénteses aparecerá o termo Personalizado.

Personalización de secciones: permite visualizar ou non as distintas seccións dos rexistros (agás Resumen) e variar a orde en que se visualizan premendo sobre o seu nome e arrastrándoo.

Personalización de acciones: permite personalizar a orde e visibilidade das accións de rexistro.

Personalización de registros: permite seleccionar que campos dos rexistros queremos visualizar e a súa orde. Para cambiar esta temos que pulsar na icona dos seis puntos á carón do campo e arrastralo á ubicación desexada.

 

 

 Personalización de la tabla: permite configurar que campos se visualizarán na vista de táboa e a súa orde. Para cambiar esta temos que pulsar na icona dos seis puntos á carón do campo e arrastralo á ubicación desexada.

 

 

 


Como se indica, ao empregar a vista divida, só se amosará na táboa o campo elixido como primeiro.

 

 

  • A opción Exportar a Excel xera unha listaxe das devolucións nun arquivo de Excel. Nel podes incluír tódolos campos dispoñibles, ou ben, só os que teñas seleccionados para visualizar na pantalla.

 

 

 

Incidencias na devolución

Reclamar como devolto

Cando alguén afirma que devolveu un exemplar, é posible facer uso da opción Reclamo devuelto. Dende a conta da persoa usuaria, selecciona a opción Préstamos. Unha vez localizado o rexistro do exemplar correspondente, preme na icona dos tres puntos situada á dereita e a continuación, en Reclamo devuelto.

 

 

Abrirase unha ventá na que podes incluír unha nota aclaratoria. O estado do exemplar cambiará e amosarase unha nova opción ao premer no menú dos tres puntos - Ejemplar encontrado - para que a poidas usar se o documento aparece (aínda que o sistema tamén fai os cambios pertinentes ao devolvelo con normalidade).

O exemplar continuará vinculado ao rexistro da persoa usuaria. Este estado debe ser unha situación temporal na que, tanto o persoal da biblioteca como a persoa usuaria, poidan facer as comprobacións pertinentes. Se o material non aparecera, o seu estado debe cambiar a Perdido.

Cando marcamos un exemplar como Reclamado devuelto non se visualizará en Iacobus.

 

Documento perdido por unha persoa usuaria

Se unha persoa usuaria nos informa de que perdeu un exemplar que ten en préstamo, farémolo constar dende o menú dos tres puntos, á dereita do exemplar, seleccionando a opción Perdido. En Alma utilízase Extraviado cando o material desaparecido non está relacionado cun préstamo. 

 

 

Cando declaramos Perdido un exemplar, este queda oculto en Iacobus. O exemplar continúa ligado á persoa usuaria, polo que se aplicará o bloqueo establecido ata que devolva ou repoña o exemplar unha vez rematado o prazo de préstamo. Se o documento aparecera, pódese marcar como Ejemplar encontrado no mesmo menú de tres puntos ou ben, simplemente, devolvelo.  

Alma modifica a Perdido de xeito automático aqueles exemplares que non foron devoltos despois de ter enviado todas as cartas de reclamación previstas.