Ir ao contido principal

Manual Alma - Servizos

Manual de xestión do servizo de circulación da BUSC en Alma-ExLibris: usuarios, solicitudes, préstamos e bibliografías recomendadas

Como prestar exemplares

En primeiro lugar, debes saber que os exemplares prestables deben prestarse dende o Mostrador de Préstamo e os non prestables (categoría que inclúe os ordenadores portátiles) dende o Mostrador de lectura en sala. Tendo en conta isto, unha vez que accedes á plataforma, tes que elixir o mostrador que proceda.

Podes seleccionalo na ventá flotante que aparece en pantalla ao abrir Alma ou ben, se xa estás traballando dentro da plataforma, dende o menú Ubicación. Para visualizar en todo momento o mostrador no que estás a traballar, marca a caixa Mostrar siempre ubicación actual. Se está desmarcada, no seu lugar verás a icona de ubicación.

 

 

A continuación debes abrir o rexistro da persoa usuaria.

Na columna da esquerda selecciona Servicios al usuario>Gestionar servicios al usuario. Pódeche resultar de moita utilidade crear un acceso directo a Gestionar servicios al usuario.

Deste xeito pasas á pantalla de Identificación de usuario

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como acceder á conta da persoa usuaria

Hai catro xeitos:

  •  Premer co rato na caixa de busca e escanear o ID (código de barras da TUI ou carta de lector/a).
  •  Escribir o nome ou DNI na caixa de busca.
  •  Buscar a persoa pulsando na icona Seleccionar de una lista. Isto abrirá unha xanela na que poderás buscar por algún dos datos que consten no seu perfil.

 

  • Facer clic na icona Seleccionado recientemente (reloxo). Esta imaxe só se mostra se previamente abriches algún rexistro, e permite recuperar ata as cinco últimas contas abertas durante a mesma sesión.

 

A continuación pulsa no botón Ir.

A páxina da conta dunha persoa usuaria ten este aspecto

 

 

 

- Unha columna á esquerda onde se visualizan catro bloques. No bloque superior aparece o nome e identificador da persoa usuaria e catro opcións para seleccionar: préstamos, devolucións, solicitudes e multas e cuotas. Entre parénteses, o número de cada unha delas que ten activa a persoa nese momento.

- Un panel central onde se amosarán os exemplares segundo a opción seleccionada (prestados, devoltos ou solicitados).

A opción seleccionada por defecto ao abrir a pantalla da persoa usuaria é a de Préstamos.  

Para prestar un exemplar hai que escanear o seu código de barras na caixa de busca do panel. O préstamo aparecerá automaticamente debaixo desta.

Unha vez prestados todos os materiais, hai que premer no botón Hecho. Deste xeito saímos da páxina, ao tempo que se envía unha notificación do préstamo á persoa usuaria, tal como se nos indicará nunha xanela emerxente.

 

 

Como acceder ao exemplar para prestalo

No caso de non poder usar o código de barras, tes a opción de buscar o exemplar facendo clic na icona recoger.

 

 

 

Abrirase unha ventá na que poderás recuperalo por diferentes elementos (Título, Signatura, etc.). Unha vez atopado o rexistro, tes que marcar o exemplar que che interesa e pulsar en Seleccionar.

 

 

 

Amosarase novamente a páxina da persoa usuaria co código de barras do exemplar elixido. Fai clic en Aceptar para prestalo.  

 


 

 

Como prestar exemplares solicitados

Se a persoa usuaria ten exemplares solicitados para recoller no estante de reservas, esta información aparecerá ao abrir a súa conta na área de Notas de sistema, con indicación do mostrador de recollida. Neste caso, terás que premer en Solicitudes para comprobar de que documentos se trata e, unha vez recollidos do estante de reservas, en Préstamos, para prestalos.

 

 

Ao seleccionar a opción Solicitudes, no panel central amósanse as peticións activas na conta da persoa usuaria. Na esquina superior dereita de cada unha delas, pódese ver unha icona con tres puntos. Facendo clic nela, podes cancelar a solicitude ou adiar a súa data de vencemento. Tamén podes premer na solicitude para ver a información relacionada con ela de xeito máis estendido.

 

Como cambiar a data de vencemento dun préstamo

O sistema permite cambiar a data de vencemento dos exemplares. Pódese facer de dous xeitos:

  • Seleccionar o/s exemplar/es, facer clic na icona de tres puntos (Acciones) e elixir a opción Cambiar fecha de vencimiento. Esta opción permite cambiar a data de vencemento de varios préstamos en bloque.
  • Despregar o menú de tres puntos á dereita do exemplar (Más acciones) e seleccionar a opción Cambiar fecha de vencimiento.

IMPORTANTE: hai que ter en conta que o programa non emite un aviso no caso de que os materiais estean reservados por outra persoa, polo que, antes de facer uso desta opción, tes que comprobar o estado do préstamo.

 

 

 

Como visualizar os préstamos na conta dunha persoa usuaria

Dentro da conta da persoa usuaria, coa opción Préstamos activada:

  • Na parte de arriba do panel central, a opción Filtrar por permite ver todos os documentos que a persoa ten prestados nese momento, ou ben só os prestados durante a sesión en curso. Se filtramos por Todo, teremos a opción de ordenar os rexistros segundo diversos criterios en orde ascendente ou descendente no menú despregable Ordenar por; ou buscar un en concreto premendo na icona da lupa. 

 

 

  • Ademais, é posible configurar o panel central da conta dunha persoa usuaria para visualizar os rexistros de distintos xeitos, empregando as tres iconas ubicadas na marxe superior dereita, debaixo da ventá de busca do panel.

 

Visualización en pantalla partida/visualización en lista

Podes elixir entre estes dous tipos de visualización pulsando na icona situada na esquina superior dereita. A visualización en pantalla partida permite ver máis detalles do rexistro sen perder contexto, é dicir sen ter que deixar a lista e volver. Pero non funciona para todos os tipos de  pantallas (depende da súa resolución). Podes premer en Secciones e logo en cada unha das seccións do rexistro (Resumen, Información del préstamo, Información del ejemplar e Notas) para velas por separado sen facer uso da barra de desprazamento.

 

 

Dende a visualización en pantalla partida podes cambiar á vista completa premendo na icona Abrir vista de página completa. Dende aquí tamén podemos ir directamente ás distintas seccións. As accións do rexistro (cambiar data de vencemento, ver historial de préstamos, etc.) aparecerán na parte de arriba. Tamén é posible acceder á vista completa premendo directamente sobre un rexistro.

 

 

Vista de rexistro/vista de táboa

Facendo clic na icona situada á esquerda da anterior, podes cambiar da vista de rexistro, que é a amosada por defecto, á de táboa. A vista de táboa amosa a mesma información pero dun xeito máis compacto. O cambio permanece entre sesións. Para volver á vista de rexistro deberás volver usar a mesma icona. Podes variar a orde dos campos pulsando na parte superior da columna que desexes mover e arrastrándoa ata a nova ubicación. Outra opción, como veremos, é facelo dende a icona Personalizar (roda dentada). Os campos con frechas permiten cambiar a orde de visualización dos seus elementos. Por exemplo, no campo Fecha de vencimiento, as datas pódense ordenar en sentido ascendente ou descendente.

Dende a vista de táboa tamén podes visualizar os rexistros en pantalla partida ou vista completa.

 

 

Personalizar

A opción de Personalizar permíteche modificar a visualización da interface de moitos xeitos diferentes. Fai clic no símbolo da roda dentada:

 

 

 

 

Se se elixe unha configuración distinta á existente por defecto, entre parénteses aparecerá o termo Personalizado.

Personalización de secciones: permite visualizar ou non as distintas seccións dos rexistros (agás Resumen) e variar a orde en que se visualizan premendo sobre o seu nome e arrastrándoo.

Personalización de acciones: permite personalizar a orde e visibilidade das accións de rexistro.  

Coa configuración elixida na primeira imaxe, as accións que se visualizarían serían as da segunda imaxe, coa acción Renovar como principal e o resto dispoñibles premendo na icona dos tres puntos:

 

 

Personalización de registros: permite seleccionar que campos dos rexistros queremos visualizar e a súa orde. Para cambiar esta, temos que pulsar na icona dos seis puntos á carón do campo e arrastralo á ubicación desexada.

 

 

Personalización de la tabla: permite configurar que campos se visualizarán na vista de táboa e a súa orde.  

 

 

Como se indica, ao empregar a vista dividida, só se amosará na táboa o campo elixido como primeiro.

 

 

  •  Por último, a opción Exportar a Excel xera unha listaxe dos préstamos nun arquivo de Excel. Nel podes incluír todos os campos dispoñibles, ou ben só os que teñas seleccionados para visualizar na pantalla.

 

 

Visualización das solicitudes

Dentro da conta da persoa usuaria, coa opción Solicitudes activada.

  • Ao igual que a pantalla de préstamos, a de solicitudes inclúe na parte de arriba do panel central unha icona de embude para filtrar as reservas feitas por unha persoa. Esta opción permite visualizar as solicitudes:

 

Por tipo 

 

 

 

Por estado: dende aquí é posible acceder ao historial de solicitudes da persoa usuaria. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

- Por paso do fluxo de traballo 

 

 

No caso de que un exemplar reservado por esa persoa estea prestado ou á espera de ser recollido por un/unha solicitante previo/a, no campo Paso del flujo de trabajo  aparecerá o enunciado No empezado. Facendo clic na etiqueta Posición en la cola, poderás consultar a cola de solicitudes, se o exemplar está prestado ou a prioridade de cada solicitude, entre outras opcións.

 

 

Neste caso, o exemplar solicitado está á espera de ser recollido por outra persoa que o reservou previamente.

Tamén é posible ordenar as solicitudes segundo diversos criterios en orde ascendente ou descendente no menú despregable Ordenar por; ou buscar unha en concreto facendo clic na icona da lupa.

 

 

  • A icona de tres puntos permite realizar unha nova solicitude para a persoa en cuxa conta esteamos a traballar. Á súa dereita, a opción Exportar a Excel serve para xerar unha listaxe das solicitudes nun arquivo de Excel. Nel podes incluír todos los campos dispoñibles, ou ben, só os que teñas seleccionados para visualizar na pantalla.

 

  •  Ademais, como cos préstamos, é posible configurar o panel central da conta dunha persoa usuaria para visualizar as solicitudes de distintos xeitos empregando as tres iconas ubicadas na marxe superior dereita, debaixo da ventá de busca do panel: Visualización en pantalla partida/visualización en lista, Vista de rexistro/vista de táboa e Personalizar. O funcionamento é o mesmo aínda que, loxicamente, as seccións e os campos que podemos visualizar e as accións que podemos executar varían. 

 

 

Préstamos con proxy

Para que serve a opción Usar proxy

Unha persoa usuaria pode actuar como intermediaria doutra, previa autorización desta, e sacar libros en préstamo no seu nome. Os préstamos aparecerán no rexistro e no historial da persoa que autoriza, e será esta quen reciba no seu correo electrónico os avisos de préstamo e vencemento.

É o usuario quen toma a decisión de utilizar un proxy para recoller libros en préstamo no seu nome, e debe comunicar por escrito á biblioteca quen vai ser o seu proxy. Esa comunicación ten que gardarse nos Adjuntos do rexistro da persoa usuaria.

 

Como crear un proxy

Para enlazar un proxy (persoa autorizada) coa persoa que autoriza, tes que seguir estes pasos:

  1. Unha vez accedas á plataforma, na columna da esquerda selecciona Servicios al usuario>Gestionar servicios al usuario.
  2. Accede ao rexistro da persoa autorizada (proxy). Podes consultar o procedemento para acceder ao rexistro dunha persoa usuaria nesta guía, na caixa Como prestar exemplares deste mesmo apartado.
  3. Fai clic no nome da persoa usuaria para ir a Detalles del usuario.

 

 

 

         4. Selecciona a pestana Proxy para

         5. Fai clic sobre Añadir Proxy para

         6. Introduce o número ID ou o nome da persoa que autoriza na caixa de busca (ou búscaa polo nome ou outros datos no menú) e preme en Añadir usuario. O nome e enderezo electrónico aparecerán na parte inferior.

 

 

Se queres eliminar unha persoa da lista de autorizadas, pulsa na icona de tres puntos situada á dereita do seu nome.

 

 

Como prestar usando proxy

A persoa autorizada (proxy) debe indicar previamente a súa intención de levar en préstamo exemplares para a persoa que autoriza. Para efectuar o préstamo debes seguir estes pasos:

1. Na columna da esquerda da plataforma, selecciona Servicios al usuario> Gestionar servicios al usuario

2. Accede ao rexistro da persoa autorizada (proxy). Podes consultar o procedemento para acceder ao rexistro dunha persoa usuaria nesta guía, na caixa Como prestar exemplares deste mesmo apartado.

3. Marca Usar proxy e preme en Ir. Mostrarase o menú despregable Proxy para, con todas as persoas que autorizan ao proxy a levar libros no seu nome (pode ser unha ou varias)

 

 

4. Selecciona a persoa que corresponda e preme novamente sobre Ir. Na pantalla aparecerá o rexistro da persoa que da autorización. Para prestar escanea o código de barras do exemplar ou exemplares como de costume.

 

 

 

Historial de préstamos

Dende o rexistro da persoa usuaria, podes acceder ao Proceso de Auditoría dun préstamo concreto. Isto serve para comprobar, por exemplo, se un préstamo foi renovado ou reclamado. Para empregar esta opción, preme na icona de tres puntos á dereita deste, e selecciona Historial de préstamos (ou ben directamente sobre o botón Historial de préstamos se estás na visualización en pantalla completa) Podes facelo tanto dende a pestana de Préstamos como, no seu caso, dende a de Devoluciones.

 

Tamén é posible consultar o historial completo de préstamos e outras operacións dende o rexistro do exemplar seguindo estes pasos:

1. Na caixa de busca permanente, selecciona no primeiro menú despregable Ejemplares físicos; e no segundo, o campo que prefiras (Signatura permanente, Código de barras, Título, etc.)

2. Unha vez localizado o rexistro do exemplar que che interese, fai clic na icona dos tres puntos situada á dereita e selecciona a opción Ejemplares.

 

 

3. Accederás á pantalla de Editor de ejemplar físico. Fai clic na pestana Historial. Segundo a información que che interese, podes elixir distintos tipos de informe.

 


 

Incidencias no préstamo

O rexistro da persoa usuaria non existe ou caducou

  •  No caso de que a persoa usuaria pertenza ó colectivo de usuarios externos, non podes crear nin renovar o seu rexistro. Isto é competencia da Área TIC da USC, polo que a persoa debe contactar co Centro de Atención a Usuarios (CAU). En Alma, os usuarios externos son aqueles cuxos datos son volcados á plataforma dende outros sistemas. No caso da BUSC, membros da comunidade universitaria da USC.
  •  Se pertence ó grupo de usuarios internos, tes que crear un rexistro novo (podes consultar o procedemento nesta guía, no apartado Usuarios>Altas e baixas de usuarios>Crear usuarios) ou renovar o existente (ver Usuarios>Altas e baixas>Renovar a condición de usuario) segundo proceda.

 

 

Podes consultar outras incidencias relacionadas coas contas de persoas usuarias nesta guía en: Usuarios>Incidencias.

 

A persoa usuaria ten préstamos vencidos

Ó intentar abrir o rexistro dunha persoa con préstamos vencidos, o sistema emitirá unha mensaxe de advertencia con tres botóns:

  • Ignorar: permite prestar igualmente
  • Cancelar: pecha o rexistro
  • Aceptar: abre o rexistro.

 

 

 

 

 

 

 

 

Se premes en Aceptar para abrir o rexistro e intentas o préstamo, aparecerá un novo aviso que che permitirá Ignorar, para proseguir co préstamo ou Cancelar, para desistir deste. Seguindo a normativa da BUSC, debes optar por cancelar a operación.

 

 

A persoa usuaria xa alcanzou o límite de préstamos

Se a persoa usuaria xa ten prestado o número máximo de documentos permitido segundo o grupo de usuarios ó que pertence e a política do exemplar, abrirase unha xanela de advertencia.

 

 

Por norma xeral, debes cancelar o préstamo. En casos excepcionais, podes prestar o documento para a súa consulta en sala. Para facelo, tes que premer no botón Ignorar e, logo de prestar o exemplar, modificar a data de vencemento do préstamo, elixindo o día do préstamo ás 21: 30 horas. Esta operación debe realizarse dende o Mostrador de lectura en sala.

Podes consultar o procedemento para cambiar a data de vencemento nesta guía, no apartado Servizo de préstamo>Préstamos>Como prestar exemplares

 

O exemplar é non prestable

Se intentas prestar un documento non prestable segundo a política da biblioteca, abrirase unha ventá de advertencia. Nesta situación, debes seleccionar a opción Cancelar e, en todo caso, realizar o préstamo dende o Mostrador de lectura en sala.

 

 

Préstamo a Usuarios invitados

En principio, as persoas pertencentes a este grupo só poden consultar libros non prestables en sala. Se intentas prestarlles exemplares prestables ou de préstamo curto, aparecerá unha ventá emerxente de Préstamo bloqueado. Podes ignorar este aviso para que fagan uso destes materiais na biblioteca. Debes facelo dende o Mostrador de lectura en sala. Os exemplares quedarán prestados ata o mesmo día ás 21:30 horas.

 

O exemplar foi solicitado por outra persoa

É posible que alguén colla un documento en libre acceso sobre o que exista unha reserva pendente de xestionar. Ó proceder ó seu préstamo, o sistema emitirá a seguinte mensaxe:

 

 

Neste caso, debes premer o botón Cancelar e desistir do préstamo. A continuación, activar a reserva e colocar o exemplar no estante de reservas.

 

 

Préstamos internos (uso en sala)

Na BUSC usamos os préstamos internos para controlar o uso de exemplares en acceso aberto nas salas de lectura.

Procedemento

  • As salas de lectura da BUSC que conten con exemplares de libros e/ou outros materiais en acceso aberto deben organizar espazos e/ou medios para que os usuarios, unha vez consultado un exemplar, non o devolvan de novo o andel, senón que o depositen no carro ou na mesa correspondente.
  • De xeito regular (unha ou mais veces o día), o persoal da biblioteca debe facer unha devolución do exemplar no Mostrador de Sala, escaneando o código de barras, como traballo previo a colocación dos libros nos andeis correspondentes.

 

 

  • As estatísticas de uso interno, como as do resto dos procesos de Servizos o Usuario poden consultarse no Dashboard de Circulación.