Táboa de contidos
Exemplar Prestable |
Exemplar Prést.curto |
Material acomp. prést. |
Material acomp. prést. curto |
Total prést. |
Días de prést. |
Renovacións | Reservas | Dixitalización | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estudantes grao |
|
3 |
6 | 4 | 18 |
15 10 |
2 | 5 | 5 |
Estudantes máster | 3 | 4 | 20 |
15 10 |
2 | 10 | 10 | ||
Estudantes doutoramento | 3 | 4 | 100 |
60 10
|
2 | 50 | 10 | ||
PDI | 3 | 4 | 100 |
60 10
|
2 automáticas(prest. curto) 5 automáticas (prestables) |
50 | 10 | ||
PTXAS | 3 | 4 | 20 |
15 10 |
2 | 10 | 10 | ||
Alumni | 5 | *Só audiovisuais (máx. 3) | 5 | 13 |
15 10 |
2 | 3 | ||
Persoas usuarias externas | 3 | *Só audiovisuais (máx. 3) | 5 | 11 | 10 | 2 | 3 | ||
Persoas usuarias invitadas | |||||||||
Préstamo Interbibliotecario | |||||||||
Proxectos | 100 | 365 | 2 | 50 | 10 | ||||
Préstamo especial Bcas | 999 | 365 |
As Unidades de Servicio al Usuario en Alma establecen as condicións de préstamo, reserva, avisos, renovacións,... dos exemplares físicos nas distintas ubicacións da BUSC. Cada Unidad de Servicio está formada por unha ou varias ubicacións físicas na biblioteca que teñen asociadas as mesmas políticas de circulación.
A política de préstamo dun exemplar está determinada polo tipo de usuario/a e a ubicación do exemplar en cada unidade de servizo. En Alma pódense consultar as condicións de préstamo para un usuario/a e un exemplar concreto:
Servicios al Usuario > Herramientas avanzadas-Préstamos > Herramientas de configuración de servicios al usuario
O Servizo de Préstamo Interbibliotecario proporciona acceso ás coleccións bibliotecarias que non forman parte da colección da BUSC e que non están dispoñibles para ser adquiridas no mercado bibliográfico. Este servizo inclúe tanto o préstamo de materiais físicos como a dixitalización de artigos de publicacións periódicas.
Este tipo de préstamo, subvencionado pola biblioteca para a comunidade universitaria e con tarifas específicas para as persoas usuarias externas, realízase a través da plataforma GTBID-SOD, sistema de xestión para o préstamo interbibliotecario, que inclúe todos os aspectos relacionados coa tramitación de peticións, a administración, facturación, comunicación, estatísticas... entre o servizo, as persoas usuarias e quen subministra o material.
As solicitudes de artigos de revistas ou libros en préstamo interbibliotecario fanse a través do formulario electrónico na Web da BUSC.
O tempo de recepción do documento varía en función das características do centro prestatario e do tipo de documento (préstamo dun orixinal, copia dixital, fotografías,...).
A consulta de documentos orixinais realizarase obrigatoriamente nas instalacións da biblioteca que dá servizo ao seu centro.