O novo catálogo IACOBUS permite:
- Realizar buscas na colección da Biblioteca, tanto de recursos físicos como electrónicos, a través dunha busca simple, na caixa de busca principal, ou a través dunha busca avanzada.
- Desde o menú superior de enlaces tamén tes a posibilidade de buscar por índices (autor, título, materia, serie ou sinatura), buscar revistas ou facer unha solicitude de compra.
- Acceder a textos completos de numerosos documentos electrónicos (en acceso libre ou subscritos pola USC) ou en soporte físico localizados nalgunha das bibliotecas da Universidade.
- Coñecer a dispoñibilidade e localización dos documentos con diferentes opcións de acceso para os membros da comunidade universitaria.