Ir ao contido principal

Iacobus - Catálogo e Descubrimento

Funcionamento da ferramente de descubrimento Iacobus

As miñas solicitudes

Esta pestana presenta un resumo das solicitudes de documentos que realizaches a través de Iacobus ou desde o mostrador da Biblioteca, e que poden ser:

  • reservas de exemplares físicos (libros, dvd, banda deseñada, etc.) que no momento da consulta no catálogo:
    • estaban dispoñibles, pero quixeches reservalos para ir recollelos no teu punto de servizo preferido da BUSC,
    • estaban prestados a outra persoa e os solicitaches para que a biblioteca te avisara (e chos prestara) en canto se produxera a devolución.
  • solicitudes de compra de materiais bibliográficos

Podes filtrar as solicitudes por tipo (todos, compra ...) e ordenalas por estado ou por título. Tamén podes cancelalas se prevés que xa non vas necesitar o material.

Opción de visualización das solicitudes da persoa usuaria

 

Ten en conta que se tes material co préstamo vencido non poderás facer reservas doutros exemplares ata que devolvas ese material á Biblioteca.

Tamén atoparás nesta sección as opcións de engadir a "Favoritos" e "Enviar a". (Véxase: Accións cos rexistros)

Se precisas axuda para facer algunha solicitude consulta o apartado desta guía "Rexistro detallado - Obter / Ver en liña".