Ir ao contido principal

Iacobus - Catálogo e Descubrimento

Funcionamento da ferramente de descubrimento Iacobus

Que podo facer na pestana Préstamos?

Nesta pestana podes comprobar tanto a listaxe de libros que tes actualmente en préstamo (activos), coma de préstamos previos (histórico). Cando temos un bo número deles pode ser de utilidade ordenar a visualización por data de vencemento (ascendente ou descendente) ou por título.

Ordenar a visualización dos materias en préstamo

Se para algunha destas obras venceu o prazo do préstamo aparecerá un reloxo vermello no menú superior e, xunto aos préstamos vencidos, poderás ver a data e hora exacta de vencemento do prazo. Estes préstamos xa non se poderán renovar.

Visualización dos préstamos vencidos

 

Tamén pode suceder que non poidas renovar se acabas de coller esa obra en préstamo, xa que o sistema detecta que é demasiado pronto e, polo tanto, a identifica como "NON RENOVABLE". Recibirás un aviso no correo institucional cando os teus préstamos estean en prazo para seren renovados.

Ten en conta que abonda con que teñas un só préstamo vencido para que non poidas facer renovacións nin novas solicitudes de material. Debes devolver ese exemplar á biblioteca para poder facer uso destes servizos.

Renovar os préstamos

Para facer a renovación abonda con picar sobre o texto "RENOVAR". Aparecerá unha mensaxe de confirmación e a nova data de vencemento do préstamo.

Préstamo renovado

 

Se tes máis dunha obra emprestada podes renovar todos os préstamos nun clic, picando en "RENOVAR TODO".

Renovar os préstamos

Ten en conta que para renovar os teus préstamos deben cumprirse as seguintes condicións:

  • Que a obra non fose reservada por outro usuario.
  • Que non teñas ningún préstamo vencido.
  • Que non sexa demasiado pronto para facer a renovación.
  • Que non superaras o número máximo de 2 renovacións por ítem prestado.

Algunhas das mensaxes que aparecen cando se pasa o rato por riba do literal NON RENOVABLE:

  • Este exemplar non se pode renovar.
  • A persoa usuaria ten {X} préstamo/s vencido/s.
  • A persoa usuaria non está activada no sistema.
  • A tarxeta de usuario/a caducou.
  • Tipo de sanción: {X} Descrición da sanción: {X}.
  • Superouse o prazo de renovación do exemplar.
  • O intervalo de tempo no que se permite a renovación do préstamo é nos 3 días anteriores á data de vencemento.
  • O estado do exemplar é "{X}" e non se pode renovar.
  • A política do exemplar non permite renovacións.
  • A data de vencemento da renovación coincide coa actual.
  • O exemplar non se pode renovar porque ten unha reserva.
  • O exemplar non se pode prestar porque ten unha reserva anticipada.

Exemplo de texto explicativo préstamo non renovado

Outras funcionalidades

Desde a pestana Préstamos tamén podes:

  • Enviar os rexistros aos teus Favoritos.
  • Exportar os rexistros ao teu xestor de referencias bibliográficas preferido (Bibtex, Ris, Refworks ...).
  • Imprimir os rexistros.
  • Envialos por correo electrónico.

Só tes que seleccionar aquel/es rexistro/s que desexes e picar na opción correspondente:

Opcións de traballo cos rexistros

 

Véxase: Accións cos rexistros