Cando realicemos unha busca veremos a listaxe de resultados e no lateral esquerdo atoparemos as facetas a través das cales podemos filtrar os resultados por diferentes parámetros como dispoñibilidade, tipo de recurso, biblioteca, idioma, materia, etc.
Estes filtros varían en función de se se realiza a busca no Catálogo da biblioteca, no Fondo Antiguo, Minerva, ou en calquera outro dos perfís.