Ir ao contido principal

Iacobus - Catálogo e Descubrimento

Funcionamento da ferramente de descubrimento Iacobus

Listaxe de resultados

Imos ver como traballa Iacobus unha vez ten os resultados da busca. Faremos unha busca xenérica, dalgunha palabra que poida ter diversas ocurrencias, tanto temáticas como por título ou materia. Poñamos como exemplo  a palabra "xestión". Teremos unha manchea de resultados que aparecerán en  dúas columnas: unha central e outra á esquerda da pantalla.

1.- A primeira delas, a central, amosa todos os resultados, imaxinemos que é coma unha busca en Google, moi ampla. dunha primeira ollada observaremos que cada un dos resultados ten unhas características que teñen que ver coa condición do documento (tipo, versións,  acceso e dispoñibilidade, etc.). 

 

 

2.- A segunda, a más estreita á esquerda, permite ir acoutando e filtrando os resultados segundo conveña. Dende tipo de recurso (podemos escoller nunha amplísima gama deles que van dende artigo de revista, capítulo de libro ata kit ou partitura), dispoñibilidade (no caso de artigos se están en OA, subscritos, etc.), ubicación (a biblioteca no caso de que sexa un ente físico)...etc. Podemos xogar tamén coa relevancia, datas de publicación, materia, os rexistros incluídos máis recentemente... de xeito que se produza unha personalización mais axeitada.