O apartado OBTER / VER EN LIÑA dentro da ficha dun rexistro en Primo pode ter distintas visualizacións dependendo do tipo de recurso que teñamos aberto. Imos ver a continuación as diferentes posibilidades que podes atopar:
OBTER - Recurso físico LIBRO
VER EN LIÑA - Recurso electrónico
OBTER E VER EN LIÑA - Recurso físico e electrónico.
Nalgúns recursos onde temos as dúas versións, recurso físico e electrónico, veredes as dúas etiquetas: Obter e Ver en liña. Isto ocorrerá sempre que as dúas versións dese recurso (mesma edición e ano) sexan a mesma pero en distintos formatos. Ilustramos coa seguinte captura esta casuística:
COMO OBTELO - Outros recursos: capítulos, artigos, actas de congresos...
Para facer unha solicitude ou reserva dun exemplar físico da biblioteca (libro, dvd, etc.) tes que iniciar sesión coa túa conta.
Localizada a obra do teu interese, entra no rexistro bibliográfico e preme na opción "Obter" do menú da esquerda. Levarate ás opcións para obter o documento, entre elas a de facer a "Solicitude".
Preme nesta opción e selecciona a Biblioteca na que desexas recibir o exemplar (este paso é obrigatorio para poder facer a reserva). Opcionalmente, no caso de que saibas que despois dunha data non vas precisar este material (se, por exemplo, é para preparar un exame e non che interesa pasada esa data), selecciónaa no calendario. Preme en "Enviar solicitude".
Cando o material estea dispoñible na biblioteca que seleccionaches no paso anterior, recibirás un aviso no teu enderezo de correo institucional para que pases a recollelo nas seguintes 48 horas. Pasado este prazo, se non recolles o material a túa reserva cancelarase automaticamente, e este será devolto ao seu lugar de orixe na colección.
Se es membro da comunidade universitaria e o que precisas é a copia dun artigo dunha revista ou dun capítulo dun libro, podes pedir que se che envíe -gratuitamente- ao teu enderezo de correo electrónico institucional, sempre respectando os límites impostos pola Lei de Propiedade Intelectual.
Para iso tes que premer na opción "Obter - Como obtelo / Solicitude de copias de fondos da BUSC". Este enlace levarate ao servizo de identificación centralizado da USC, no que deberás introducir as túas credenciais institucionais.
Acederás a un formulario no que deberás introducir, como mínimo, os datos do documento identificados cun asterisco (campos obrigatorios) e, a maiores, todos os campos que axuden a identificar inequivocamente o documento que solicitas.
Este servizo adoita tardar menos de 24 horas.
Se unha vez consultado Iacobus non se atopa o documento que se necesita, este pódese solicitar por préstamo interbibliotecario.
Para iso hai que premer nos 3 puntiños que aparecen no menú superior de enlaces e localizar a opción de PRÉSTAMO INTERBIBLIOTECARIO.
A primeira vez que se utiliza este servizo hai que rexistrarse, enchendo os datos do formulario (os campos obrigatorios identifícanse cun asterisco vermello).
Na seguinte pantalla aparecerá unha mensaxe confirmando a solicitude de alta, na que se informa de que haberá que agardar ao correo de confirmación da Biblioteca para poder utilizar o servizo (esta mensaxe recíbese no correo institucional e debemos comprobar a bandexa de correo non desexado).
Confirmado o rexistro, xa podemos acceder ao formulario de solicitude de préstamo interbibliotecario e encher os campos de descrición do documento que se desexa consultar.
Estes documentos poden ser artigos de revistas ou capítulos de libros que non temos na BUSC, ou ben libros. Para os primeiros, este servizo enviará unha copia en PDF do contido ao teu correo institucional. En canto aos libros, polo xeral, non se poden levar fóra das instalacións da biblioteca, polo que deberás consultalos na sala de lectura e, en caso de precisar fotocopias -sempre con fins de investigación e respectando a lexislación de Propiedade Intelectual- deberás solicitalo ao persoal da biblioteca.
Desde este mesmo formulario pódese consultar tamén o estado das peticións realizadas a través deste servizo.
Antes de realizar unha solicitude de adquisición, hai que ter en conta que:
Para solicitar novas adquisicións desde Iacobus hai que:
O estado destas solicitudes pode comprobarse desde a sección "A miña conta".
Tamén se pode acceder a este servizo desde a páxina web da BUSC: