En IACOBUS poderás localizar gran cantidade de información, tanto en recursos impresos ou electrónicos da Biblioteca como en recursos externos. Por defecto buscará en todo o contido da BUSC, tanto de recursos impresos como electrónicos.
Se queres filtrar dende o principio da busca podes facelo seleccionando outro perfil de busca, despregando a caixa da dereita:
- Buscar en todo: inclúe a busca en todos os perfís detallados a continuación.
- Catálogo da biblioteca: permite consultar os recursos de información da Biblioteca, tanto impresos como electrónicos.
- Recursos electrónicos da USC: permite realizar a busca nos recursos electrónicos subscritos pola USC.
- Bibliografía recomendada: permite realizar a busca pola materia dunha titulación. Os resultados da busca serán recursos físicos ou electrónicos que están na bibliografía recomendada desa materia. O filtro Materia (Bibliografía) tamén che pode axudar para localizar recursos das bibliografías recomendadas do profesorado. Esta icona reflicte que o documento está na bibliografía recomendada dunha materia:
- Fondo Galicia: recupera os fondos bibliográficos de tema galego en calquera idioma, escritos en galego con independencia do seu lugar de publicación e todas as obras de autores/as galegos/as e/ou editadas en Galicia.
- Fondo Histórico: permite consultar a colección de Fondo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela.
- Biblioteca América: fondo bibliográfico recompilado por Gumersindo Busto, emigrante galego radicado en Bos Aires, de consulta na Biblioteca Xeral. Trátase dunha colección especialmente rica en fondos do século XIX e moitos deles relativos ás primeiras independencias americanas.
- Teses da USC: permite a busca de teses publicadas pola USC.
- Minerva: permite a busca de documentos localizados e almacenados no repositorio institucional da USC.
- Índice Central de Descubrimento: unha mega agregación de millóns de recursos electrónicos académicos (revistas, libros electrónicos, recensións, etc.) de importancia global e rexional.
Cando escribimos a palabra ou palabras no caixón de busca despregaranse os diferentes perfís/ámbitos de busca á dereita; podemos elixir un ou outro dependendo da información que queiramos recuperar. Se non especificamos nada, automaticamente busca en Buscar en todo. A continuación deberás premer na lupa.