Ir ao contido principal

Iacobus - Catálogo e Descubrimento

Funcionamento da ferramente de descubrimento Iacobus

Selección

 

  • Unha vez que temos feita a nosa busca, debemos coñecer as diferentes accións e funcionalidades que permete Iacobus e ir deseñando o noso espazo persoal. 

- Cando nunha busca queremos traballar únicamente cuns cantos rexistros, podemos seleccionalos. Unha vez feito isto, podemos ir  etiquetandoos para ir ordeando os nosos resultados.

Dende Iacobus podemos, en calquera momento, exportar os resultados aos nosos xestores bibliográficos favoritos (premendo nas respectivas iconas), envialos por correo electrónico ou imprimilos. 

Favoritos

A opción favoritos é moi semellante a engadir páxinas ao noso navegador persoal. Moitas veces, facendo unha procura, queremos gardar algo para ollalo máis tarde, ou ben para incorporalo as nosas listaxes persoais, etc. 

Temos que ollar á chatoliña verde que temos na dereita da navegación. Premendo en cada unha delas, iremos engadingo rexistros un a un.  

 

Tamén podemos seleccionar todos os rexistros da páxina de resultados (os 10 primeiros, os resultados principais...) e premer na chatola baixo a caixa de procura.

Se, ademais, escollemos (ou creamos) unha etiqueta para clasificalos, podemos gardalos segundo a súa temática, tipoloxía documental ou calquera outro sistema que nos axude despois a recuperalos desde a nosa conta de usuario.

Se queremos ver a listaxe dos nosos favoritos non temos máis que premer na chatola superior, que nos levará á sección de favoritos de "A miña conta". Alí veremos todo o que estivemos engadindo e poderemos editar, suprimir, asignar etiquetas para clasificar os nosos favoritos, etc. 

Gardar busca

Dúas funcionalidades de Iacobus que restrinxen e afinan o alcance dunha procura

 

  • Mediante a opción gardar busca, podemos retomar nun futuro algunha procura que fixemos: podemos ter realizado unha busca e querer gardala para traballar con ela máis adiante ou como xermolo dunha futura bibliografía. 

  • A opción personalizar oferta a posibilidade de escoller entre unha pluralidade de materias e, deste xeito, facer a nosa escolla máis axeitada.

 

Crear unha canle RSS

A funcionalidade Rich Site Summary ou Really Simple Syndication (RSS, que se traduce como Distribución Realmente Sinxela) permite ás persoas usuarias de Primo estar informadas dos cambios nos resultados das súas buscas gardadas.

Para habilitar o RSS para unha busca gardada debemos:

1. Abrir a páxina dos meus favoritos, pulsando o botón FavoritesIcon.png (menú superior de calquera páxina).

2. Na páxina dos meus favoritos, clicar na pestana Buscas gardadas.

3. Pulsar o botón RSS RSS_Icon.png para a busca gardada que se desexa supervisar.

4. Subscribirse á alimentación se o navegador dispón de lector RSS ou ben empregango un agregador (Véxase: RSS na Wikipedia).

Opcions coas buscas favoritas