Dende a páxina principal de IACOBUS, enriba da caixa de busca, atoparás unha serie de opcións importantes para realizar algunhas xestións, tanto de busca como de solicitudes:
A continuación che indicamos brevemente que podes atopar en cada unha destas opcións:
Premendo en Nova Busca volvemos á páxina principal de IACOBUS para poder realizar unha busca básica.
Fondo patrimonial permite buscar nas coleccións de manuscritos, incunables e obras impresas entre os séculos XVI e XIX, así como por outros materiais (mapas, gravados, etc.) que polo seu valor requiren de especial conservación e coidado.
Na Biblioteca América, con fondos de carácter multidisciplinar e enciclopédico, pódense atopar libros, folletos e coleccións de obxectos e mostras culturais do continente americano.
En Busca por índices permite que poidamos seleccionar o campo concreto polo que queremos buscar: autor, título, materia, serie ou sinatura.
En Buscar Revistas permite buscar unha revista concreta polo título ou polo ISSN. Tamén podemos ver unha listaxe de revistas por categoría, filtrando na marxe esquerda, ou realizar unha busca e filtrar por categoría a posteriori.
En Recursos electrónicos podemos ver a listaxe de recursos electrónicos dispostos en orde alfabética, e dende reBUSCa acceder directamente a calquera deles.
Preme nos tres puntos para ter acceso a outros enlaces como:
Coleccións: permite navegar por diferentes coleccións como a de Novidades bibliográficas no catálogo, a dos Fondos SECS (fondo bibliográfico e documental doado pola Sociedade Española de Ciencia del Suelo) ou a colección dos Novos Recursos Electrónicos no Catálogo.