Desde esta pestana poderás acceder:
- Aos teus rexistros gardados como favoritos. Se picas no título abrirase o rexistro no catálogo e poderás facer sobre el as solicitudes que precises (reservas, copias de fondos da BUSC, compra...) ou, no caso de que estivera en soporte electrónico, acceder ao texto completo (consulta o apartado Obter / Ver en liña desta guía).
- Ás túas buscas gardadas. Desde aquí poderás revisar as túas buscas favoritas e lanzalas de novo no catálogo para descubrir novos resultados para a túa procura. Tamén poderás activar e desactivar unha alerta para cada busca, establecer a frecuencia coa que queres recibila no teu correo ou establecer unha canle RSS para embebela no teu lector de RSS preferido.
- Ao teu historial de busca. Neste apartado atoparás unha listaxe de todas as buscas que realizaras nesa sesión (para gardar as buscas dun día para outro tes que gardalas como favoritas).
Para aprender a gardar os teus rexistros e buscas preferidas e crear alertas vai ao apartado Páxina de resultados / Accións cos rexistros.