Consellos que podemos recomendarche para que as túas buscas sexan máis acertadas:
- Cando vaias realizar unha busca xeral emprega a Busca simple (caixa de busca principal) e escribe termos que identifiquen ben a temática que queres atopar.
- Selecciona o perfil/ámbito máis axeitado no despregable (Buscar en todo, Catálogo da biblioteca, Recursos electrónicos...). Se non tes claro cal empregar selecciona Buscar todo, se prefires só recursos físicos da túa biblioteca ou de calquera outra escolle a opción Catálogo da biblioteca.
- Cando o número de resultados da túa busca sexa moi alto, intenta aplicar algún filtro coas facetas (filtra os resultados) que atoparás no lateral esquerdo.
- Se tes moi claro o que precisas e podes empregar varias condicións de busca preme na Busca avanzada, nesta poderás limitar moito máis a estratexia de busca e o número de resultados será máis preciso.
- Se queres buscar directamente por un Autor, Título, Materia, Sinatura, ou Serie podes empregar Buscar por Índices do menú superior.
- Cando o que precises sexa buscar nunha base de datos en concreto preme en Recursos electrónicos no menú superior e búscaa na listaxe para acceder á mesma.
- Se buscas un libro que non está en ningunha biblioteca da USC podes realizar unha solicitude de compra se consideras que é interesante mercalo (opción Solicitude de compra do menú superior), do contrario tamén tes a posibilidade de realizar unha solicitude de Préstamo Interbibliotecario (contacta coa túa biblioteca para esta xestión).