Información xeral: é un resumo dos teus préstamos, solicitudes (reservas) e mensaxes relativas a préstamos vencidos.
Préstamos: mostra a listaxe dos materiais que tes actualmente en préstamo, con información da data de vencemento e a posibilidade de renovalo, sempre que non vencera o prazo e non se sobrepase o máximo de renovacións permitidas.
Solicitudes: nesta sección verás a listaxe dos materiais que solicitaches ou reservaches para ir recoller á Biblioteca e levalos en préstamo.
Sancións e mensaxes: mostra as mensaxes que a Biblioteca xera en caso de que teñas préstamos vencidos.
Detalles persoais: desde esta sección poderás ver os datos de enderezo, teléfono, correo electrónico, etc., que constan na Biblioteca acerca de ti, ademais de poder escoller o idioma da interface do catálogo (galego, español ou inglés).
Notificación de alertas
A miña conta mostra os seguintes tipos de notificacións:
Préstamo a punto de vencer ou vencido – Esta notificación indica que un exemplar prestado está a punto de vencer ou xa venceu.
A disposición – Esta notificación móstrase cando un exemplar solicitado está listo para ser recollido.
Bloqueos ou mensaxes – Esta notificación indica que unha actividade en particular foi bloqueada ou que a biblioteca enviou unha mensaxe requirindo unha acción por parte da persoa usuaria.
Estas alertas móstranse nas seguintes áreas para asegurarse de que a persoa usuaria é consciente de que se require algunha acción:
Á beira dunha pestana específica na parte superior de "A miña conta"
Ao lado dun exemplar nunha pestana de actividade de préstamo ou solicitude