Ir ao contido principal

Iacobus - Catálogo e Descubrimento

Funcionamento da ferramente de descubrimento Iacobus

Que me ofrece o espazo persoal en Iacobus?

Neste espazo atoparás as seguintes seccións:

  • A miña conta: cun resumo dos teus préstamos, solicitudes (reservas), sancións e detalles persoais.
  • Os meus préstamos: leva á sección de préstamos de "A miña conta".
  • As miñas solicitudes: leva á sección de solicitudes de "A miña conta".
  • Refworks: abre a túa conta de Refworks nunha nova lapela.
  • Os meus favoritos: mostra os rexistros que gardaches como favoritos nas túas consultas ao catálogo, e permite acceder ás buscas gardadas e ao historial de busca da sesión actual. Tamén podes engadir etiquetas, borrar os favoritos ou traballar con eses rexistros (exportalos ao xestor de referencias, imprilos ou envialos ao correo electrónico).
  • Historial de busca: mostra a listaxe das consultas que lanzaches na sesión actual.
  • Idioma para mostrar: permite cambiar o idioma no que se visualiza o catálogo (galego, español ou inglés).

Menú do espazo persoal en Iacobus

 

Para acceder ao teu espazo persoal en Iacobus cómpre que te identifiques.

Identificacion para o acceso ao espazo persoal no catálogo