Táboa de contidos
Nesta guía descríbense os Acordos Transformativos (AT) con diferentes editoriais académicas e científicas aos que se pode acoller o persoal docente e investigador (PDI) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para publicar as súas investigacións en acceso aberto sen custo adicional.
Os AT forman parte dos cambios na Ciencia Aberta para desenvolver a investigación científica. Coñecidos como Ler e Publicar, supoñen un cambio no modelo de publicación e de acceso aos resultados da investigación, co obxectivo de fomentar o Acceso Aberto.
Son acordos entre as institucións e as editoriais académicas que inclúen conxuntamente a publicación de artigos de investigación en acceso aberto e a dispoñibilidade dos contidos dixitais. Dentro do custo de subscrición para ter acceso ao contido das revistas inclúese o custo dos gastos de procesamento dos artigos (APC: Article Processing Charge).
As condicións baixo as que se subscriben estes acordos son:
Para saber máis, a ESAC (Efficiency and Standards for Article Charges) mantén un rexistro no que se recollen os acordos transformativos a nivel internacional.
Na USC actualmente están vixentes acordos con varias editoriais. Por unha banda, os asinados con Cambridge University Press (CUP) e Oxford University Press, a través do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG) e, por outra, os asinados pola CRUE-CSIC e coa colaboración co devandito consorcio con editoriais académicas como Elsevier, Wiley, Springer, American Chemical Society (ACS), Royal Society of Chemistry e IEEE. Os termos e condicións fixados nos acordos con cada unha destas editoriais son diferentes segundo os casos.
Para o ano 2025, os tokens na USC dispoñibles para cada editor son os seguintes: