Táboa de contidos
No ano 2021 a CRUE asinou un contrato coa editorial Elsevier que permite ao persoal investigador das institucións participantes a lectura da colección de revistas incluídas en ScienceDirect, ademais da publicación en acceso aberto nas revistas híbridas da Freedom Collection. Destas revistas están explicitamente excluídas os grupos de revistas de Lancet, Cell, Doyma e Clinics. En abril de 2025, a CRUE asinou un novo acordo read & publish de revistas híbridas incluídas na Freedom Collection que terá vixencia ata finais de 2028.
Características do modelo:
Elsevier considera a función da universidade unicamente como “validadora” de que o/a autor/a é elixible, por iso os artigos quedan en aberto desde o momento en que sexa detectado coma elixible pola plataforma e selecciona "publicar en OA". Porén, a universidade ten a capacidade de validar ou invalidar esta elixibilidade.
Tras a aceptación do artigo o/a autor/a de correspondencia recibe un correo cunha ligazón para seleccionar as opcións de publicación. Para iso hai que premer na opción Complete the Rights and Access Information Form.
No seguinte paso seleccionaranse no despregable os datos da afiliación institucional. É importante seleccionar o nome da USC en lugar de escribilo para que a recoñeza correctamente.
A continuación complétanse os datos da entidade financiadora.
Despois selecciónase a opción Gold Open Access e unha licenza CC entre as dúas que ofrece:
Elsevier. Guía de uso para os/as autores/as
Acordo coas institucións membros de CRUE e CSIC
Para calquera dúbida sobre os requisitos ou o procedemento para solicitar os descontos nos APCs para publicar en acceso aberto, o enderezo de contacto é accesoaberto@grupos.nube.usc.gal