Ir ao contido principal

Acordos Transformativos

Características do A.T.

No ano 2021, a CRUE asinou un contrato por catro anos coa editorial ACS que permite ao persoal investigador das institucións participantes (entre as que se atopan as tres universidades galegas, a través do CISUG) a lectura e publicación na colección de revistas híbridas e Au Journals (Gold Open Access) da editorial.

O acordo foi renovado en 2025 e finaliza o 31 de decembro de 2027.

Características do modelo:

  • O modelo cobre o 100% das taxas de publicación (APC).

  • A data límite de aceptación do artigo é o 31/12/2027.

  • Tipoloxía documental aceptada: artigos de investigación.

  • Tipos de licenzas Creative Commons que se poden empregar: CC-BY.

  • É obrigatorio empregar a conta de correo electrónico da USC.

Listaxe revistas elixibles

Procedemento de solicitude

  • Acceso aos títulos elixibles.
  • O autor ou autora de correspondencia identificarase coa afiliación da USC e empregará a conta de correo institucional ao enviar o artigo na páxina da revista elixida.
  • Aceptado o artigo para a súa publicación, o/a autor/a recibe un correo cunha ligazón para completar o Journal Publishing Agreement (JPA)
  • Seleccionar: Publicar en acceso aberto e asinar o acordo de publicación.
  • Premer en: Order Open Access para acceder ao Copyright Clearance Center RightsLink®. 
  • Seleccionar: Seek Funding from Your Institution/Agreement.
  •  En Charges Estimate revisar os datos do acordo asinado.
  • A continuación é necesario crear unha conta na plataforma, se aínda non se fixo, para completar o proceso de solicitude de financiamento. Esta conta é diferente da de ACS.
  • Revisar a solicitude: os datos de facturación son os da institución ou consorcio que firmou o acordo transformativo. Aceptar os Termos e Condicións de ACS e premer en Submit for Approval.

 

Cando se aprobe a solicitude, o/a autor/a recibirá un correo electrónico de confirmación. O artigo publicado indicará a licenza de uso público seleccionada para o acceso aberto.

ACS. Guía para autores/as

Para calquera dúbida sobre os requisitos ou o procedemento para solicitar os descontos nas APCs para publicar en acceso aberto, o enderezo de contacto é accesoaberto@grupos.nube.usc.gal