Ir ao contido principal

Acordos Transformativos

Características do A.T.

O contrato asinado coa editorial Wiley dá acceso ao persoal investigador das institucións participantes á lectura de todas as revistas con modelo de subscrición da editorial. Ademais permite a publicación en acceso aberto nas revistas híbridas da editorial.

O acordo foi renovado en 2025 e remata o 31 de decembro de 2028. 

Características do modelo:

  • modelo cobre o 100% das taxas de publicación (APC) para un número limitado de artigos por ano, sempre que se cumpran os criterios de elixibilidade.
  • O/a autor/a de correspondencia debe pertencer á USC e identificarse como tal mediante o seu correo institucional.
  • Tipoloxía documental aceptada: artigos de investigación (article, reviews).
  • Tipos de licenza Creative Commons:
    • CC-BY (preferiblemente)
    • CC-BY-NC
    • CC-BY-NC-ND

Listados revistas elixibles

Procedemento de solicitude

  • O/a autor/a de correspondencia identificarase coa afiliación da USC e empregará a conta de correo institucional.
  • Aceptado o manuscrito trala revisión por pares, o/a autor/a rexistrarase en Wiley Author Services e premerá en Manage Article. 
  • Tras acreditar a elixibilidade, recibirase un correo de aceptación. 

 Guía para autores/as (revistas híbridas)

 Guía para autores/as (Fully OA).

Para calquera dúbida sobre os requisitos ou o procedemento para solicitar os descontos nas APCs para publicar en acceso aberto, o enderezo de contacto é accesoaberto@grupos.nube.usc.gal