Ir ao contido principal

Acordos Transformativos

AIP Publishing - Subscribe to open (S20)

As revistas Journal of Applied Physics and Physics of Plasmas estarán totalmente en acceso aberto durante o ano 2024 a través do programa Subscribe to Open (S2O).

O programa Subscribe to Open (S2O), dependente das renovacións das subscricións institucionais ás revistas da AIP Publishing, permite que:

  • Todos os artigos publicados nas revistas AIP Publishing en 2024 sexan de acceso aberto.
  • Todos os artigos publicados a partir do 1 de xaneiro de 2024 sexan publicados baixo unha licenza Creative Commons elixida polas persoas autoras.  
  • Todos os cargos de APC para os artigos de 2024 estean exentos.
  • Todo o contido publicado en 2024 segue sendo OA a perpetuidade.

Máis información sobre Subscribe to Open (S2O)

 

SCOAP3 - Axudas á publicación

Sponsoring Consortium for Open Access Publishing in Particle Physics (SCOAP3) é un proxecto no que participan máis de tres mil bibliotecas internacionais, consorcios, centros de investigación e editoriais científicas.

Neste acordo entran once revistas clave do ámbito da física de partículas nas que os/as investigadores/as da USC non teñen que pagar polos APCs, e por tanto poden publicar en aberto nelas sen custo algún, así como reter o copyright sobre as súas publicacións.

Listaxe de revistas.

Todos os artigos publícanse baixo licenzas CC-BY sen custo directo para as persoas autoras.