Ir ao contido principal

Acordos Transformativos

Quen pode solicitar o financiamento?

No ámbito da USC, os acordos transformativos asinados coas diversas editoriais supoñen o cumprimento de requisitos e compromisos por parte das persoas autoras das publicacións.

Requisitos para solicitar o pago de APC:

  • Pertencer á USC.
  • Empregar a conta de correo institucional da universidade.
  • Ser autor ou autora de correspondencia da publicación obxecto de financiamento.

Que compromisos adquire o/a autor/a?

Os autores e as autoras comprométense a que as publicacións cumpran as seguintes condicións:

  • Incluirán sinatura coa afiliación e correo electrónico da universidade, segundo a normativa oficial aprobada pola USC.
  • Depositaranse no repositorio institucional MINERVA

Ademais é recomendable que as publicacións leven un texto de agradecemento mencionando a USC e o CISUG.

Exemplo: "Funding for open access charge: Universidade de Santiago de Compostela/CISUG".

Procedemento e xestión

  • O autor ou autora de correspondencia do artigo remite o manuscrito a través do sistema de publicación da revista. 
  • A publicación realízase en acceso aberto, baixo licenzas Creative Commons, sen prazos de embargo.
  • Aceptada a publicación polo editor, a biblioteca recibe unha comunicación para validar a solicitude en función dos requisitos.
  • As solicitudes tramitaranse por orde de chegada ata acadar os tokens ou o orzamento de APCs dispoñibles.
  • Non se establece un límite de APCs que pode solicitar cada autor/a ou grupo de investigación.