Ir ao contido principal

Acordos Transformativos

Características do A.T.

O acordo con Cambridge University Press (CUP) dá acceso á lectura de todas as revistas da editorial e, ademais, permite ás persoas autoras publicar en Acceso Aberto, tanto en revistas híbridas coma en revistas Gold OA.

modelo cobre o 100% das taxas de publicación (APC) para un número ilimitado de artigos por ano sempre que se cumpran os criterios de elixibilidade.

As condicións necesarias para ser elixible son:

  • O/a autor/a de correspondencia debe pertencer á USC e identificarse como tal mediante o seu correo institucional.
  • Ser investigación orixinal. Os tipos de publicación incluídos no acordo son:
    • artigos de investigación
    • artigos de revisión
    • comunicacións breves
    • informes breves
    • reportes de caso
    • comunicacións de congresos
  • Ser aceptado para publicación entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025 nunha das revistas cubertas polo acordo.
  • Asinar o acordo de publicación en acceso aberto seleccionando unha licenza Creative Commons, entre as que se poden empregar:
    • CC-BY
    • CC-BY-NC-SA
    • CC-BY-NC-ND

Listaxe revistas elixibles

Procedemento de solicitude

Listaxe de títulos elixibles (elixir o país e o nome da institución)

  • O autor ou autora de correspondencia identificarase coa afiliación da USC e empregará o correo institucional ao enviar o artigo na páxina da revista elixida.
  • Aceptado o manuscrito trala revisión por pares, o/a autor/a recibirá da editorial un correo con instrucións relativas á publicación en acceso aberto e ás APCs e licenzas correspondentes.
  • A tramitación realizarase a través da plataforma Rightslink.
  • Completada a solicitude, o/a autor/a recibirá un correo da editorial no caso de que sexa aceptado o desconto.
  • Se o/a autor/a non elixe a opción de acceso aberto, pero o sistema detecta que pertence a algunha das universidades do CISUG, recibirá un correo indicándolle que pode acollerse a esta opción e publicar retroactivamente o artigo en acceso aberto.

Guía da CUP para o pago APC

Acordo da editorial coa Universidade de Santiago de Compostela 

Recursos de Acceso aberto para autores/as na páxina da CUP

Para calquera dúbida sobre os requisitos ou o procedemento para solicitar os descontos nas APCs para publicar en acceso aberto, o enderezo de contacto é accesoaberto@grupos.nube.usc.gal