Ir ao contido principal

Acordos Transformativos

Características do A.T.

 

No mes de xuño de 2021 activouse por catro anos o acordo asinado pola CRUE coa editorial Springer, que permite ao persoal investigador das institucións participantes (entre as que se atopan as tres universidades galegas, a través do CISUG) a publicación en acceso aberto nas máis de dúas mil revistas híbridas de Springer & ADIS. 

O acordo foi renovado en 2025 e finaliza o 31 de decembro de 2027.

Características do modelo:

  • O modelo cobre o 100% das taxas de publicación (APC).  
  • Tipoloxía documental aceptada: artigos de investigación e de revisión (reviews), comunicación breve (brief communication) e continuing education (artigo que forma parte integral da educación, xeralmente médica).
  • Tipos de licenzas Creative Commons que se poden empregar:
    • CC-BY 
    • CC-BY-NC
  • É obrigatorio empregar a conta de correo electrónico da USC.

Listaxe títulos elixibles

Procedemento de solicitude

  • Trala aceptación da publicación, o/a autor/a de correspondencia recibirá un correo coa ligazón ao formulario My Publication, que deberá completar - Publishing Agreement.
  • Existen tres xeitos, por orde de preferencia, de que se recoñeza a elixibilidade no pagamento da APC:  
  1. Seleccionar a institución.  
  2. Completar o formulario empregando a conta de correo institucional, o que garantirá o recoñecemento automático como elixible.
  3. Por último, tamén se usa a localización, se se usa a rede institucional cando se enche o formulario.
  • Na primeira páxina do formulario hai que seleccionar a universidade/institución de afiliación dunha lista despregable.  
  • Se o/a autor/a é identificado/a como elixible, aparecerá unha mensaxe de benvida con máis información sobre o acordo Open Access.
  • Por defecto aparece marcada a opción Open Access. Hai que premer na etiqueta Yes, submit for approval para continuar co proceso.
  • Cando a institución confirme a aprobación do artigo, a editorial comunicará cun correo electrónico a publicación sen cargos. 
  • No correo enviarase unha ligazón para seleccionar a licenza adecuada, que deberá ser lida e aceptada na plataforma. Tras completar o proceso, será posible descargar unha copia da licenza de publicación, que tamén se recibirá por correo electrónico.

Springer. Guía para autores/as 

Para calquera dúbida sobre os requisitos ou o procedemento para solicitar os descontos nas APCs para publicar en acceso aberto, o enderezo de contacto é accesoaberto@grupos.nube.usc.gal