Táboa de contidos
As tres universidades galegas, a través do CISUG, asinaron en decembro de 2020 un contrato con Oxford University Press (OUP) que dá acceso á lectura de todas as revistas con modelo de subscrición da editorial. Ademais, permite a publicación en Acceso aberto tanto nas revistas híbridas (combinan artigos baixo subscrición e en acceso aberto) coma Gold OA.
Características do modelo:
Para calquera dúbida sobre os requisitos ou o procedemento para solicitar os descontos nas APCs para publicar en acceso aberto, o enderezo de contacto é accesoaberto@grupos.nube.usc.gal
Actualmente, OUP está en proceso de cambio a un novo portal de licenzas e pagos en liña (SciPris). Pode darse o caso de que, durante esta fase, os autores deban seguir unhas indicacións diferentes, reflectidas nesta guía paso a paso.