Ir ao contido principal

Acordos Transformativos

Características do A.T.

O acordo para a publicación en Open Access coa editorial IEEE 2023-2025 ten as seguintes características:  

  • O acordo contempla a publicación de  artigos de investigación.  

  • As licenzas Creative Commons contempladas na publicación son: CC-BY, CC BY-NC-ND 

  • A persoa autora de correspondencia ten que ter, no momento do envío, afiliación coa USC, empregando o correo institucional. 

  • O acordo cobre o 100% de APC, que son limitados. 

  • Inclúe o 20% de desconto no importe dos APCs en revistas Fully OA. 

O acordo tamén cobre a lectura, pero non a publicación en 29 revistas non OA. 

Listado de revistas elixibles

Para máis información, tamén podes consultar o noso acordo con IEEE Open.

Procedemento de solicitude

Para dúbidas no proceso de solicitude, pódese empregar  a guía de axuda de IEEE. 

Para calquera outra dúbida sobre acordos transformativos ou publicacións en aberto, o  enderezo de contacto é accesoaberto@grupos.nube.usc.gal