Os AT forman parte dos cambios na Ciencia Aberta para desenvolver a investigación científica. Coñecidos como Ler e Publicar, supoñen un cambio no modelo de publicación e de acceso aos resultados da investigación, co obxectivo de fomentar o a
Son acordos entre as institucións e as editoriais académicas que inclúen conxuntamente a publicación de artigos de investigación en acceso aberto e a dispoñibilidade dos contidos dixitais. Dentro do custo de subscrición para ter acceso ao contido das revistas inclúese o custo dos gastos de procesamento dos artigos (APC: Article Processing Charge).
As condicións baixo as que se subscriben estes acordos son:
- A súa transitoriedade, ata que a comunicación científica logre ser na súa totalidade de acceso aberto.
- A súa neutralidade en relación os custos, para evitar dobre pago e deter o incremento dos custos de publicación.
- Pasar de pagar pola subscrición a pagar por publicar en acceso aberto.
- Facer públicos os termos e condicións do contrato subscrito para favorecer a transparencia.
- Especificar con claridade aos autores/as as condicións ás que deben acollerse para poder publicar.
- Asegurar o copyright das obras en mans do/a autor/a e non dos editores.
Para saber máis, a ESAC (Efficiency and Standards for Article Charges) mantén un rexistro no que se recollen os acordos transformativos a nivel internacional.