A Xestión de Datos de Investigación (RDM, Research Data Management) está presente en todas as fases da investigación e abrangue a recompilación, organización, documentación, almacenamento e preservación dos datos utilizados ou xerados durante un proxecto de investigación.
Un Plan de Xestión de Datos (PXD) é un documento que detalla o tratamento que van recibir os datos de investigación recompilados ou xerados no curso dun proxecto de investigación. Nel descríbense que datos se van recoller ou producir, que metodoloxía e normas se van empregar, como se van compartir e/ou poñer en aberto e como se van conservar e preservar.
No Programa Horizonte 2020 reforzouse o mandato de depósito en acceso aberto e estendeuse aos datos de investigación, o que constituíu un proxecto piloto de datos abertos de investigación. No actual Programa Horizonte Europa (2021-2027), é obrigatorio elaborar o Plan de Xestión de Datos para todos os proxectos que xeren ou reutilicen datos, dentro dos seis primeiros meses do proxecto. Deste xeito:
Máis información: Horizon Europe Model Grant Agreement