Ir ao contido principal

Datos de investigación

Explicación da xestión dos datos de investigación e o depósito en repositorios abertos

Almacenamento e seguridade

A preservación de todos os datos, e nomeadamente dos datos dixitais, é un tema clave a ter en consideración dende o momento mesmo no que se comeza un traballo de investigación. É preciso planificar un espazo para o almacenamento e deseñar un plan de protección e seguridade dos datos. Son boas prácticas fundamentais ao respecto:  

  • Almacenar os datos en formatos lexibles a longo prazo.  

  • Verificar os arquivos periodicamente.  

  • Organizar e etiquetar os datos almacenados para que sexan facilmente localizables e accesibles.  

  • Ter en consideración a degradación física dos soportes ópticos e magnéticos para cando sexa necesario copiar ou migrar os datos.  

  • Almacenar os datos en diferentes soportes e ter en conta os factores de conservación do soporte: cambios de temperatura, humidade relativa, luz, etc.  

Os medios de almacenamento son complementarios entre eles:  

  • Almacenaxe persoal ou do proxecto mentres este se leva a cabo (discos duros portátiles, lapis ópticos ou unidade de rede dentro da institución).  

  • Repositorio institucional.  

  • Servizos nacionais de arquivos de datos.  

  • Almacén de datos na nube.  

  • Repositorio disciplinar.  

En relación á seguridade é preciso:  

  • Instalar un software de defensa no dispositivo.  

  • Non empregar o correo electrónico para a transmisión de datos.  

  • Empregar servizos específicos para a transmisión de grandes ficheiros.  

  • Servizos de intercambio baseados na nube.  

  • Os datos altamente confidenciais deberán converterse a un código ilexible e ter acceso a eles mediante un contrasinal para evitar a súa divulgación.