Como temos explicado, desde o ano 2022, coa modificación da Lei da ciencia, a tecnoloxía e a innovación de 2011, o persoal de investigación do sector público ou cuxa actividade investigadora estea financiada maioritariamente con fondos públicos, deberá depositar unha copia da versión final aceptada para publicación e os datos asociados a esta en repositorios institucionais ou temáticos de acceso aberto, de forma simultánea á data de publicación.
En liñas xerais, recoméndase que sexa o antes posible, e dentro dos prazos establecidos no Plan de Xestión de Datos, que se asegure o acceso aberto baixo licenza CC-BY, CC0 ou equivalente, e que se siga o principio tan aberto como sexa posible, tan pechado como sexa necesario.
Onde facer o depósito dos datos de investigación: