Datos Abertos (Open Data), un dos piares de Ciencia Aberta segundo a Estratexia Nacional de Ciencia Aberta 2023-2027, é o movemento que impulsa o acceso libre aos datos de investigación abertos para facilitar que se poidan usar, reutilizar e distribuír. Ademais, a súa publicación en aberto garante tamén a súa correcta preservación, reprodución, difusión, visibilidade e impacto.
No Open Data Handbook defínense os datos abertos como: datos que poden ser utilizados, reutilizados e redistribuídos libremente por calquera persoa, e que se atopan suxeitos, como moito, ao requirimento de atribución e de compartirse da mesma maneira en que aparecen.
Infografía de REBIUN