Ir ao contido principal

Datos de investigación

Explicación da xestión dos datos de investigación e o depósito en repositorios abertos

Licenzas a aplicar no depósito dos datos

Recoméndase que os/as autores/as asignen unha licenza para usar os datos. As máis utilizadas son Creative Commons, así como as específicas dos datos Open Data Commons. Canto ás licenzas de dominio público, estas inclúen: 

  • Creative Commons Zero (CC0): Ofrece os datos no dominio público. Baixo esta licenza os datos poden ser copiados, modificados, distribuídos e feitos públicos, mesmo con fins comerciais, sen solicitar autorización. 

  • Dedicación e Licenza de Dominio Público (PDDL): Permite compartir, modificar e utilizar libremente os datos para calquera propósito e sen ningún tipo de restrición. 

Segundo o tipo de datos que nos ocupe, podemos definir un ou outro tipo de licenza: 

- Se os datos se consideran unha obra (literaria, artigo de revista ou software), CC BY 4.0 (Creative Commons Atribución) adoita ser a mellor opción. O uso de “Compartir igual” tamén é compatible coa definición de acceso aberto e refórzase nas licenzas do Plan S para publicacións. Debe evitarse o uso "Non comercial", xa que non sería compatible coa filosofía do acceso aberto. Debe evitarse o uso de "Non derivado". 

- Se os datos da investigación son unha base de datos ou conxunto de datos (datos non estruturados que non cumpren a definición de base de datos), un CC0 é xeralmente a mellor opción, que renuncia a todos os dereitos sobre a base de datos. As licenzas Creative Commons só tratan sobre os dereitos de autor e asuntos relacionados. Os datos persoais non están incluídos en CC e analízanse por separado. 

- Todos os demais tipos poden consultarse nesta lista de Licenzas segundo Open Definition