Ir ao contido principal

Datos de investigación

Explicación da xestión dos datos de investigación e o depósito en repositorios abertos

Como se difunden os datos de investigación

Para poñer a disposición da comunidade científica os datos de investigación é preciso seguir unha serie de recomendacións: 

  • Escoller os datos a depositar, limpalos e procesalos en bruto.  

  • Crear unha copia mestra do dataset definitivo para asegurar a súa integridade.  

  • Decidir que datos estarán accesibles ao público. Para iso, hai que ter en conta o marco legal que afecta aos datos de investigación: propiedade intelectual, confidencialidade, privacidade e protección de datos de carácter persoal.

  • Anonimizar os datos de carácter persoal. Existen ferramentas que permiten borrar os datos de información identificativa como nomes, data de nacemento, documento de identidade, etc. Máis información no documento K-anonimidad como medida de la privacidad, da Axencia Española de Protección de Datos.

  • Depositar os datos nun repositorio xunto á documentación necesaria para facilitar a súa reutilización. É necesario ter en conta a área temática do repositorio, a súa capacidade de almacenamento, a facilidade para a recuperación de datos, comprobar se asigna un identificador único e persistente para cada conxunto de datos e poder establecer, segundo conveña, un período de embargo e a licenza de uso que se quere outorgar.  

  • Achegar os metadatos precisos para a creación e recuperación do rexistro no repositorio.  

  • Se se publican os resultados da investigación nunha publicación científica, é necesario que se dea un DOI que enlace cos datos depositados no repositorio.  

Nas seccións seguintes describirase este proceso de depósito.