En marzo de 2016 publicouse na revista Scientific Data de Nature o artigo The FAIR Guiding Principles for scientific data management and stewardship. Os Principios FAIR ofrecen un conxunto de características precisas e medibles que unha publicación de datos debería seguir para que os datos sexan localizables, accesibles, interoperables e reutilizables (do inglés findable, accessible, interoperable, reusable).
FINDABLE: os datos poden ser recuperados por:
- F1. Asignarlles un identificador único e persistente (DOI, Handle, ARK, SWHID, ou unha URI/URL única permanente).
- F2. Enriquecer os datos con metadatos.
- F3. Rexistrar/Indexar os datos e os metadatos nun recurso de busca (repositorios institucionais ou temáticos).
- F4. Nos metadatos débese especificar o identificador dos datos que se describen.
ACCESSIBLE: datos o máis abertos posible, de forma que aumenta o impacto do traballo de investigación:
- A1. Os datos e metadatos poden ser recuperados polos seus identificadores mediante protocolos estandarizados de comunicación que sexan abertos, gratuítos e implementados universalmente.
- A2. Os metadatos deben estar accesibles, incluso cando os datos xa non estean dispoñibles.
Existen algunhas razóns lexítimas para restrinxir o acceso aos datos, por exemplo no caso de datos sensibles, mais estas deben xustificarse. En xeral, a condición da Comisión Europea é as open as possible and as closed as necessary.
|
INTEROPERABLE: os datos deben estar descritos utilizando estándares abertos, que permitan o seu intercambio e reutilización:
- I1. Os datos e metadatos deben usar unha linguaxe formal, accesible, que se poida compartir e amplamente aplicable para representar o coñecemento.
- I2. Os datos e metadatos usan vocabularios que seguen os principios FAIR.
- I3. Os datos e metadatos inclúen referencias cualificadas a outros datos ou metadatos.
REUSABLE: os datos poden ser reutilizados por outros investigadores cando:
- R1. Os datos e metadatos conteñen atributos precisos e relevantes.
- R2. Os datos e metadatos publícanse cunha licenza clara e accesible sobre o seu uso e reutilización.
- R3. Os datos e metadatos son asociados con información sobre a súa procedencia.
- R4. Os datos e metadatos seguen os estándares que usa a comunidade do dominio concreto.
Existen ferramentas que permiten valorar se os datos son FAIR: