Para preparar un Plan de Xestión de Datos é preciso ter en conta os seguintes aspectos:
Requirimentos da entidade financiadora.
Identificación dos datos.
Definir como se organizarán e xestionarán os datos.
Explicación sobre a documentación dos datos.
Descrición dos procesos que aseguran a boa calidade dos datos.
Preparar estratexias de almacenaxe.
Definición da política de datos do proxecto.
Descrición sobre como se difundirán os datos.
Asignación de roles e responsabilidades.
Orzamento realista para a xestión dos datos.
Un Plan de Xestión de Datos debe contemplar as seguintes cuestións:
Información do Proxecto: Nome e identificación do proxecto, Descrición do proxecto, Institución, Axencia de financiación, Investigador Principal e identificador (ID), Datos de contacto, Plan de Xestión de Datos: versións.
Resumo de datos: débense describir de forma xeral os datos que se utilizarán no proxecto, incluídos o tipo e o formato, a finalidade, o tamaño e a orixe dos datos, así como a súa utilidade.
Datos FAIR:
Outros resultados da investigación: consideraranse que cuestións relativas aos datos FAIR poden aplicarse á xestión doutros produtos da investigación xerados ou reutilizados no proxecto, por exemplo: softwares, fluxos de trabajo, protocolos, novos materiais, mostraxes, etc., e como se xestionarán e compartirán, ou ben poranse a disposición para a súa reutilización, de conformidade cos principios FAIR.
Asignación de recursos: deben indicarse cales serán os custos para facer que os datos sexan FAIR (custos directos e indirectos relacionados co almacenamento, o arquivo, a reutilización, a seguridade, etc.) e quen será responsable da xestión dos datos.
Seguridade dos datos: garántese que os datos se almacenan de forma segura en repositorios de confianza para a súa preservación e conservación a longo prazo.
Ética: preséntanse todas as cuestións éticas ou legais que poidan ter un impacto no intercambio de datos. Ademais, cando a investigación utilice datos persoais, deberá facerse referencia a aspectos coma o consentimento informado e a conservación.
Outras cuestións: descríbese se se van a utilizar outros procedementos nacionais, financiadores, sectoriais ou departamentais para a xestión de datos.
Resumo baseado no modelo Horizon Europe Data Management Plan Template.